O oco da capa de ozono alcanza o seu máximo anual.

Segundo informou o 20 de outubro a Administración Atmosférica e Oceánica (NOAA) e a Axencia Espacial Norteamericana (NASA), o 12 de setembro, o oco da capa de ozono alcanzou os 16 millóns de kilómetros cadrados, o cal é o noveno maior dos últimos vinte anos. Este dato recolleuse no hemisferio sur.

Este video recopila visualizacións diarias do burato de ozono na Antártida, do 1 de xullo de 2011 ata o 1 de outubro de 2011.

A capa de ozono é a zona da estratosfera terrestre que protexe a vida terrestre ao absorber do 97% ao 99% da radiación ultravioleta de alta frecuencia do sol e a súa redución adquire especial importancia cando é verán no hemisferio sur. O gran oco da capa de ozono e debido a contaminación do ser do humano sobre esta.

A pesar de que o oco era relativamente grande,  Paul Newman, xefe científico do Centro Goddard de Voos Espaciais da NASA, dixo que estaba no marxe do esperado, debido a que continúan os mesmos niveles químicos de orixen humano e tamén influíu que as temperaturas foron máis baixas que na media na estratosfera.

A NASA e a NOAA utilizan instrumentos de medición atmosférica aérea a bordo duns globos e satélites que supervisan o burato de ozono  no Polo Sur, os niveles globales da capa de ozono na estratosfera e nas substancias químicas artificiales que contribuen a diminución do ozono.

Un investigador lanza un globo sonda en el Polo Sur con instrumentos para medir el ozono. | NOAA

Modelos atmosféricos mundiales calculan que a mediados de siglo o ozono estará recuperado, malia todo o burato de ozono na Antártida persistirá un ou dous decenios máis.

O director da división de Observación Mundial da NOAA, James Butler, sinalou que o consumo das substancias que destrúen o ozono diminúe pouco a pouco debido á acción internacional, pero aínda hai grandes cantidades destes produtos químicos facendo dano. Non obstante, a maioría dos produtos químicos permanecen na atmosfera durante décadas.

Grazas a estas investigacións damonos conta da importancia que ten conservar a capa de ozono e deixar de contaminala porque a falta de ozono podenos acarrear graves problemas de saude e tamén afecta o resto de seres vivos.

Fontes da noticia:

·O artigo foi extrido de:   http://www.elmundo.es/elmundo/2011/10/21/natura/1319201293.html                         ·A fonte orixinal do artigo:                         http://www.nasa.gov/topics/earth/features/ozone-2011.html

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Medio Ambiente, Ecoloxía. Ligazón permanente.

3 Responses to O oco da capa de ozono alcanza o seu máximo anual.

  1. – Ben, pero tes que especificar que información (non contida no articulo do xornal) extraes da fonte orixinal. Case é máis facil se vas a outra fonte citada (NOAA):
    http://www.noaanews.noaa.gov/stories2011/20111020_ozone.html

    – Cando pos un gráfico que teña información cuantitativa expresada nun código de color (como é o caso deste vídeo) deberas incluír unha clave para que se saiba que representa cada color. Atópalo inmediatamente indo ao segundo vínculo que inclúe a páxina da NASA que citas (en ‘NASA’s Ozone Watch page’)

  2. Pareceme un artigo moi interesante, posto que estes problemas afectannos as todos. A capa de ozono protexenos de radiaccions no dañinas e, a formacion do buraco de ozono pode supor un grave risco para todos os seres vivos do planeta.
    Como unha pequena observacion considero que no artigo podia por algunha pequena referencia as medidas que se poderian tomar para reducilo e intenar fomentar asi unha conciencia de preservacion do medio ambiente.

  3. 1ayevila di:

    Ese buraco na capa de ozono é moi perigoso pero avería que investigar posibles solucións para reducilo

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s