A Antártida non sempre foi fría.

Bocetos de los fósiles.

Un equipo de investigadores descubriu na Antártida restos dunha tundra, en forma de plantas fosilizadas e insectos, o que demostra que o continente foi un lugar cálido fai varios millóns de anos, como informa a National Science Foundation.

Fai 14 millóns de anos, a rexión experimentou un cambio climático “abrupto e dramático” que se traduciu nunha caída de 8º Celsius nun período de tempo relativamente curto en termos xeolóxicos, o que causou a extinción de plantas e insectos na tundra e transformou a Antártida no que é hoxe en día.

Un equipo de científicos, entre eles David Marchant, Allan Ashworth e Adam Lewis, combinaron probas de análise xeolóxicas glaciais, paleoecolóxicas e cinzas volcánicas con modelos informáticos para demostrar que houbo un gran cambio climático na Antártida fai 14 millóns de anos.

Segundo os investigadores, o resultado do estudo representa un “gran avance” no intento de descubrir máis acerca da historia climática da Antártida. O descubrimento de depósitos de lagos con fósiles de mofo, diatomeas e de crustáceos coñecidos como “ostracod” nesa rexión é importante porque son “extremadamente raros” na Antártida.

De acordo cos científicos, o descubrimento dos fósiles é o primeiro e único que se fixo na Antártida, mesmo dende que se descubriron os denominados Vales Secos da Antártida en 1902-1903 por Falcon Scott, a pesar de que outros científicos fixeran estudos nesa zona anteriormente.

“O achado dos fósiles permítenos ver a Antártida tal e como era antes do cambio climático fai 13,9 millóns de anos. É unha ventá cunha vista única ao pasado”, dixo Marchant.

“O que estamos a ver é o último rastro de vexetación nos Vales Secos. O descubrimento dos fósiles e das cinzas volcánicas demóstranos que fai 14,1 millóns de anos, a zona albergou unha tundra”, sinalou Lewis.

O estudo indica que fai 14,1 millóns de anos os Vales Secos eran relativamente cálidos, pero fai 13,9 millóns de anos, todo foi diferente e o cambio climático transformou a rexión dun clima parecido ao de Xeorxia do Sur a un similar ao que ten Marte, explica o artigo da National Science Foundation.

“Foi un dos cambios climatolóxicos máis espectaculares e prolongados que un se pode imaxinar. Non coñezo ningún outro lugar na Terra no que se producise un cambio tan drástico”, afirmou Marchant. Non obstante, o que ocasionou o cambio climatolóxico na Antártida segue sendo “unha gran incógnita”.

Este descubirmento demostranos que a Terra non sempre foi como é actualmente, senon que sufriu moitos cambios, algúns deles moi drásticos e de gran importancia, como os cambios climáticos.

Parte deste estudo foi publicado no documental “Ice People”, de Anne Aghion, gañador dun premio Emmy.

Ligazón ao artigo

http://www.noticiasciencias.com/2008/08/la-antartida-fue-un-lugar-calido.html

Ligazón ao artigo orixinal:

http://www.nsf.gov/news/news_summ.jsp?cntn_id=111913

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Medio Ambiente, Ecoloxía. Ligazón permanente.

2 Responses to A Antártida non sempre foi fría.

  1. – No te podes limitar a facer unha tradución ao galego tan literal do artigo de referencia en español.
    – Hai que Indicar que información recolles da fonte orixinal (xa vexo que é a figura e a referencia ao documental: deberas incluír algunha información técnica e non escoller só a máis anecdótica)
    – Non queda moi claro cal é a túa aportación persoal.

  2. 1ayevila di:

    Aqui demostrase o efecto dun cambio climatico de golpe

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s