Sóltanse mosquitos transxénicos para loitar contra o dengue

Hai estratexias de loita contra as pragas baseadas na liberación de exemplares que dificultan a reprodución da especie ata extinguila. Isto levouse a cabo co mosquito que transmite o deMosquito en acciónngue, creando mosquitos transxénicos  que poden reproducirse pero que levan un xen polo cal as súas crías morreran antes de alcanzar a madurez. Así conséguese reducir a poboación sen pesticidas.

            A eficacia deste experimento foi probada non so en condicións de laboratorio, se non tamén soltando 20000 mosquitos macho (Aedes aegypti) na illa de Gran Caimán. Os científicos presentaron as conclusións do ensaio na revista Nature biotechnology, e pese os esperanzadores resultados desta estratexia de loita contra o dengue surxiron críticas polos riscos potenciais que  puidera ter  para a saúde e o medio ambiente.

Cada ano rexístranse entre 50 e 100 millóns de casos de dengue en todo o mundo. É unha enfermidade vírica transmitida pola femia dos mosquitos e para a cal non hai terapia especifica para vencela.

A estratexia de Alphey ( investigador da empresa británica Oxtec e da universidade de Oxford que publicou este estudo na revista Nature) consiste en preparar no laboratorio unha estirpe de mosquitos que precisan tetraciclina para vivir. Ao soltalos compiten polas femias e teñen crías, pero estas crías morren porque necesitan tetraciclina. Un dos problemas que presentan estes mosquito é que as radiacións cos que os esterilizan afectan negativamente a súas capacidades para competir polas femias.

Un método parecido utilizouse, con éxito, contra o  verme Barrenador do gando en Estados Unidos

Despois destas probas fixeron un ensaio en 10 hectáreas en Gran Caimán durante catro semanas e comprobaron que foi un éxito. Despois disto, Oxitec, realizou unha campaña de 3 meses que logrou matar o 80% segundo informa The New York Times. Tamén fixeron ensaios en Brasil e Malasia.

Expertos sosteñen que este método ten algúns problemas:

O  cabo dunhas poucas xeracións  transxenicas os mosquitos poden desenrolar resistencia o xen letal  e liberar eses espécimes poden supoñer un problema( o 3.5 % alcanzou a madurez segundo a proba de control).

             Na selección dos machos colase ata un 0.5% de femias (é moito cando falamos de millóns)  e ao seren as femias as que transmiten a enfermidade pode ser moi perigoso un aumento delas nunha zona. Oxitec xa plantexou unha solución para isto, unha modificación xenética que fai que as femias non poidan voar e así podelas seleccionar mellor.

Algúns expertos sinalan que  Oxitec realizou ensaios en natureza cos insectos sen suficientes avaliacións independentes previas e sen debate publico. O estado de Florida ten previsto iniciar o mes que ven, se recibe autorización do departamento de agricultura de EEUU as probas con estes mosquitos na zona de los Cayos, informa The New York Times.

 Na miña opinión o feito de soltar os mosquitos sen facer as suficientes comprobacións da súa efectividade inquédame, xa que un animal transxénico pode axudar a controlar a praga, como propoñen, ou tamén pode ser que o suposto xen letal , en vez de acabar ca especie e co dengue cree unha nova especie , mais resistente e que transmita unha enfermidade peor.. cousa totalmente impredicible porque nunca saberemos como vai evolucionar a natureza a longo prazo ante un novo cambio, pode desaparecer a especie ou adaptarse. Se por un caso se adaptara, seria moi negativo nun futuro .

O artigo foi extraído de :

            http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Liberacion/mosquitos/transgenicos/luchar/dengue/elpepusoccie/20111031elpepusoc_12/Tes

A fonte orixinal  é:

            http://www.nature.com/nbt/journal/vaop/ncurrent/full/nbt.2019.html

Dita noticia tamén tivo mención en The New York Times

            http://www.nytimes.com/2011/10/31/science/concerns-raised-about-genetically-engineered-mosquitoes.html?pagewanted=1&_r=1&ref=geneticengineering

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética, Medio Ambiente, Ecoloxía, Saúde. Ligazón permanente.

4 Responses to Sóltanse mosquitos transxénicos para loitar contra o dengue

  1. 1bbesama di:

    Dans mon avis, je crois aussi que c’est dangereux manipuler animaux génétiquement si nous ne connaissons pas tous les possibilités ; parce qu’ils peuvent briser l’équilibre naturel. S’ils peuvent nous offrir des nombreux inconvénients, la solution à ces problèmes (nous transmettre maladies, surtout en payses qui n’ont pas suffisant protection) n’est pas aller contre nature… Dans ce cas, quelle peut être la solution correcte ? Lutter contre les maladies avec méthodes connus et vérifiés…? mais seulement faut savoir où se joue avec ces expériences pour voir quelle est la situation et les intéresses pas milieu . Je suis d’accord avec toi.

  2. – Esta ben, pero hai que evitar traducir tan literalmente a noticia de prensa.
    – A fonte orixinal está ben localizada, e neste caso o resumo de Nature non ten apenas información relevante que non veña en El País- Pero onde sí tes información interesante que podía citar é no articulo do NYT.
    – Ben o parágrafo persoal, queda claro que é a túa opinión.
    – Pequena corrección.- Na nomenclatura científica binomial a primeira palabra (o xénero) vai en maiúsculas Aedes aegypti (tamén en cursiva, como pos correctamente).

    ————————-
    C’est une observation très judicieuse [mais seulement faut savoir où se joue avec ces expériences pour voir quelle est la situation et les intéresses]

  3. Interesante articulo sobre o control das pragas pero deberiase ter coidado con estas practicas xa que poderian aprecer novas enfermidades, ainda que se pare coa plaga anterior. Ainda que creo que non hai a moita informacion sobre a fonte orixinal.

  4. 1ayevila di:

    Creo que habería que ter coidado coas modificacións dos animais porque se nalgún caso se producise unha mutación,hasta podería afectarnos negativamente as persoas provocando novas enfermidades

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s