Mares subterráneos na lúa Europa.

O satélite Europa, de Xúpiter, podería ter auga baixo a súa superficie de xeo, o que aumenta as posibilidades de que neste satélite poida haber vida.

Satélite Europa

Satélite Europa

Grazas a unha serie de estudos recentes, realizados nas plataformas xeadas da Antártida e de Islandia, os científicos encontraron unha gran proba que demostra que no interior da lúa Europa encóntranse grandes cantidades de auga quente, e que esta a menos de 3 km da superficie. Esta sería a causante das fracturas que ten a grosa superficie de xeo que recubre o satélite Europa.

Os resultados foron publicados esta semana en Nature, e fai pouco foron anunciados nunha rolda de Prensa pola NASA.

O novo estudo ofrece novos indicios sobre a existencia dun gran océano subterráneo nunha zona chamada “Caos de Conamara”. Según Rafael Bachiller, director do Observatorio Astronómico Nacional, este tipo de rexións, coñecidas polo nome de “terreos caóticos”, caracterízase por unha superficie de xeo moi fragmentado e moi irregular.

As fracturas do xeo da superficie do Satélite Europa, perfectamente  apreciables dende o espazo,  levan anos desconcertando os astrónomos. Dende un principio algúns creen que era debido a que había auga subterránea , que seria a que fracturaría o xeo o fundilo, mentres que outros néganse a créelo, porque din que a cortiza de Europa e moi grosa.

Esta investigación fai que o satélite Europa sea un lugar idóneo onde poder atopar vida, xa que tería grandes cantidades de auga a temperaturas relativamente temperadas.

Recreación do océano de Europa.

Creo que este tipo de investigacións son moi interesantes xa nos permite creer que pode ser posible atopar vida máis ala do noso planeta. E así deixar de ser o único planeta con vida.

Este artigo atópase na edición dixital do xornal ABC, que ten como fonte orixinal o artigo da revista Nature e da NASA

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

6 Responses to Mares subterráneos na lúa Europa.

  1. Interesante!. que che parece este comentario? faino unha nena de 12 anos na páxina da NASA, a continuación da noticia:

    On Nov 19, 2011 1:43 PM Matti Jones age 12 wrote
    … and why exactly are we searching for life on other planets? Remember The Golden Rule! Would you want a team of aliens coming to earth with a drill? Note: aliens think we look like aliens, just a thought. So I suggest that we stop this craziness! This is scary nonsense!

    • interesante comentario pero tampouco creo que vaiamos encontrar aliens no universo

      • Efectivamente, especialmente se pensamos neles como eses seres cinematográficos, individuos macroscópicos que navegan en naves armadas para invadirnos, cazarnos ou parasitarnos. A estratexia de manter atemorizada á poboación dende logo funciona con Matti Jones.

  2. Un tema moi interesante, xa que coñecendo a existencia de auga líquida noutros astros axúdanos a pensar que pode haber vida máis alá do noso planeta, aínda que ese non sexa o caso do satélite Europa.

  3. diego 1a di:

    Este e un articulo moi interesante,que nos di que existe auga noutros astros danos que pensar que poderia haber vida a parte de nos.

  4. 1ayevila di:

    Uns datos moi interesantes xa que nunca consideramos que puidera existir vida nun satélite

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s