O novo planeta anano do Sistema Solar

Un equipo de investigadores do Caltech (Instituto Tecnolóxico de California) dirixido por Mike Brown descubriron fai unhas semanas un novo corpo transneptuniano no Sistema Solar, co nome de 2007 OR10, pero que todos coñecen como “Blancanieves”.

A metade da superficie do novo planeta anano esta cuberta por xeo de auga, posiblemente xurdida de volcáns nunha época antiga dese planeta. Tamén ten unha capa de metano, inda que o resto da atmosfera escapou debido á pouca gravidade que exerce a masa do planeta.

Na nota de prensa indícase que a observación e análise dese corpo celeste foi a tese doutoral de Meg Schwamb, algo conveniente de ser salientado, nun campo científico no que o traballo se realiza en equipo e o traballo é inmenso.

Blancanieves ten aproximadamente a metade do tamaño de Plutón. Non é dos planetas ananos máis grandes desa rexión do Sistema Solar, que ademais mantiveron a composición e as demais características menos alteradas ao longo dos 4.500 millóns de anos que transcorreron dende a súa formación, o que foi diferente nos planetas do interior do Sistema Solar, onde se produciron máis cambios a causa da enerxía solar.

Este planeta recibiu o nome de Blancanieves precisamente pola superficie de xeo que ten, non obstante, deberíase ter en conta que moitos destes corpos xa poderían ter sido considerados, inxustamente, como outras Blancanieves. Non deixa de ser un chiste que sexan os planetas ananos os que teñen máis neve (branca) de todo o Sistema Solar.

Opinión:

O descubrimento de máis planetas ananos axudanos a comprender a complexidade do noso Sistema Solar e a pensar na cantidade de astros que pode haber nel. Saber que conten auga e posiblemente contivese unha atmósfera danos a pensar que pode haber máis planetas como o noso, inda que este non sexa o caso.

Enlace á fonte:

http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/cosmos/2011/10/20/blancanieves-el-nuevo-planeta-enano.html

Enlace á fonte orixinal:

http://news.caltech.edu/press_releases/13445

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

4 Responses to O novo planeta anano do Sistema Solar

  1. Este articulo sobre o descubrimento dun novo planeta anano pareceume interesante, xa que o mundo da astronomia e un mundo fascinante do cal non conñecemos case nada. Este tipo de descubrimentos de planetas con auga ( en estado solido ) e con atmosferas indicanos que poden existir no universo outros planetas parecidos os nosos capaces de albergar vida, anque neste caso non seria posible polo alonxamento do mesmo respecto do sol.

  2. Artigo moy interesante, porque grazas a este tipo de descubrimentos podemos ter a esperanza de encontrar vida noutros planetas que non sea a terra, ou encontrar auga noutros planetas.

  3. Ao final da nota de prensa do Caltech está a referencia á publicación científica. Esta é a verdadeira fonte orixinal, de modo que podes buscala, poñer o vínculo, e dicirnos que é o que pensan os investigadores que pode ser a causa da cor vermella do planeta.

  4. 1ayevila di:

    Cada vez descubrimos máis detalles dun universo en constante expansión e do que apenas coñecemos datos

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s