Lentes de contacto que converterán o ollo humano na pantalla dun ordenador.

Científicos de EEUU  e Finlandia  desenrolaron unhas lentes de contacto  nas que e posible proxectar imaxes. Polo de agora o dispositivo so conten un píxel e foi probado exclusivamente en animais. Os seus creadores considérano un primeiro paso para conseguir transmitir  información a tempo real directamente o noso campo visual sen necesidade de cables.

As características destas lentes de contacto, deseñadas por investigadores da Universidade de Washington (EEUU)  e da Universidade de Aalto (Finlandia) foron recollidas en Journal Of Micromechanics and Microengineering.

O que os científicos pretenden con este invento e un sistema de vision parecido o do ciborg ‘terminator’ ( personaxe de ficción). Cando o sistema estee desenrolado os usuarios destas lentes de contacto poderán ler textos e ver imaxes que se proxectaran nos seus ollos como se tiveran un monitor de ordenador diante, pero sen cables polo medio.

Estas lentes de contacto foron probadas por primeira ves nos ollos dun ser vivo, nun coello, para avaliar os posibles efectos nocivos para a vista.

 A lente de contacto provouse nun coello vivo.

As probas as que someteron o coello demostran que non producen ningún dano na cornea nin en ningunha zona do ollo. Ademais engadiron un tinte fluorescente para comprobar se as lentes de contacto lle causaran algún tipo de abrasión, sen detectarse ningunha anomalía.. O estudo recalca que as probas se realizaron seguindo as normas que regulan o trato que os animais deben recibir nos ensaios de laboratorio.

O dispositivo consta dunha antena de 500*500 µm2  de silicio que subministra a enerxía recibida dunha fonte externa, que logo pasa a un circuíto integrado que a  almacena e a transmite a un chip transparente de zafiro de 750*750 μm2 que conten un deseño personalizado de microdiodos emisores de luz cun pico de emisión de 475nm . todo isto esta integrado nunha lente de contacto, cuxos compoñentes están interconectados mediante unhas capas de metal extremadamente finas con apenas un grosor de poucos nanómetros. Esta lente de contacto pode ser alimentada dende aproximadamente 1m en espazo libre e aproximadamente 2cm en vivo.

Esquema de la lentilla (a), con el chip (1), el circuito eléctrico (2), la antena (3), un polímero transparente (5) y la imagen proyectada (6); Detalle de un chip con LED con 100 píxeles (b); ampliación de un píxel (c). | IOP Publishing | Journal of Micromechanics and Microengineering

Uns dos grandes problemas que tiveron que resolver foi lograr que o ollo percibira a informacións proxectada con nitidez. No ollo humano a distancia focal mínima e de varios centímetros, polo que os textos aparecerían borrosos. Para evitalo incorporaron unhas lentes Fresnel para enfocar ben a imaxe na retina. Estas lentes de gran apertura e curta distancia focal son moito mais delgadas que as convencionais.
Os científicos céntranse agora en introducir melloras necesarias para conseguir dispositivos mais funcionais , de alta resolución e aos que se lles poida subministrar enerxía remotamente. A súa próxima meta será incorporar a unha lente de contacto un texto. os problemas que tiveron que resolver foi lograr que o ollo percibira a informacións proxectada con nitidez.

Na miña opinión isto e un gran avance para a ciencia e a sociedade, xa que nos permite unha transmisión de informacións no momento , sen necesidade de cables nin outro tipo de pararllos. Tamén pode ter algúns aspectos negativos, xa que non sabemos como evolucionara o noso ollo ante isto , as enfermidade que poderían saír nun futuro, (agora mesmo a poboación de xente que ten que usar gafas esta en aumento). Isto tamén pode supoñer unha maior dependencia da tecnoloxía. Nun futuro este avance permitiranos poder ler correos, ver imaxes, andar en internet, e todo isto sen necesidade de cables nin ordenadores, nos  nosos propios ollos.

O artigo foi extraído de :

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/22/ciencia/1321959704.html

A fonte orixinal e:

http://iopscience.iop.org/0960-1317/21/12/125014/pdf/0960-1317_21_12_125014.pdf

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Quimica / Tecnoloxía /Materiais. Ligazón permanente.

3 Responses to Lentes de contacto que converterán o ollo humano na pantalla dun ordenador.

  1. Un artigo moi interesante. Escolliches un tema moi importante, como é a tecnoloxía, que a medida que pasan os anos vai avanzando máis e máis, e que agora xa se pode dicir, que non somos capaces nin de vivir sen ela. Sen dúbida é un invento que será moi relevante no futuro pois permitirá realizar accións, que antes sería impensables sen ter un monitor diante. Por último dicir que a información está ben seleccionada, aínda que hai algún que outro erro de escritura ou mesmo hai unha parte que repites (“No ollo humano a distancia…/…que as convencionais.”) Gustoume, bo artigo.

  2. – Está ben, pero penso que o teu post é segue demasiado literalmente o artigo de prensa. Deberas contar máis ao teu xeito a noticia, eliminar cousas innecesarias.
    – Na fonte orixinal, podes buscar datos novos (por exemplo xa no propio resumo, a que distancia opera o sistema inalámbrico, máis detalles nunha táboa da páxina 6). Fixádevos que ainda que o artigo divulgativo sexa extenso, a maioría das veces pódese atopar información nova no Abstract do artigo orixinal.

  3. 1ayevila di:

    Moi interesante o artigo que demostra os pequenos avances que podemos facer no campo da tecnoloxía

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s