Fusión de estrelas

Cando se miran as estrelas e probable que algunhas delas faga tempo que xa estean mortas, aínda que a luz que emitiron aínda está viaxando polo cosmos. Agora os últimos descubrimentos astronómicos están a revelar novas formas nas que se producen as mortes desas estrelas.

O pasado 24 de decembro tivo lugar un gran estalido de raios gamma, esa explosión foi bautizada co nome de GRB101225A e alcumada “a explosión do Nadal”  Os investigadores comprobaron que esa explosión era de mais duración do  que se tiña visto ata entón e despois produciuse un resplandor de  orixe térmico que non cadraba cos modelos previos. Case un ano despois un equipo internacional publica na revista Nature unha interpretación do sucedido, foi a fusión de dúas estrelas despois  dun período na que as dúas compartiron a mesma atmosfera estelar.

Todos os estalidos similares de raios gamma son seguidos dun resplandor producido por electróns en movemento dentro dun campo magnético.Os estalidos largos devense  a un colapso de unha estrela moi  masiva mentres que os curtos prodúceos a fusión de dous obxectos compactos.

Segundo os espertos o que aconteceu foi a fusión de  unha estrela de neutróns con outra estrela xigante evolucionada. Dende que a estrela de neutróns  se introduciu na atmosfera da grande , o que fixo que esta perdera a maior parte do seu hidroxeno Cando se fusionaron a explosión produciuse un choro semellante a os que xeran os estalidos normais pero quentouse ao interactuar dentro da atmosfera  o que provocou esa radiación.

Dende o meu modo de ver, e bo que se sigan a descubrir novas cousas relacionadas co cosmos pois iso significa que aínda hai moito por descubrir e  moitas cousas por saber, para min isto e positivo posto que ese afán de descubrir o que nos rodea e  o que nos fai avanzar cada vez mais rápido.

Fonte do artigo:

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/30/ciencia/1322655132.html

Fonte orixinal:

http://www.nature.com/nature/journal/v480/n7375/full/nature10592.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

2 Responses to Fusión de estrelas

  1. Le o comentario que lle escribín a Moisés no post anterior, xa que escollestes o mesmo artigo da mesma fonte. O que lle dixen a él vale practicamente todo para ti.

    Fíxate que o vínculo a Nature que inclúes é precisamente o do artigo de Campana et al., a interpretación “local” que nin sequera mencionas.

    En relación co teu comentario “aínda hai moito por descubrir e moitas cousas por saber” aproveito para destacar que precisamente a noticia elexida ten de particular que describe un fenómeno con dúas interpretacións moi diferentes e incompatibles entre sí. O artigo de El País que recomendo di ao final “al menos una de las dos es incorrecta”. Iso está claro, pero nin sequera implica que a interpretación alternativa sí sexa válida. Así funciona a ciencia.

  2. 1ayevila di:

    Moi interesante estes datos para saber o comportamento dunha estrela

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s