ATÓPANSE TIBURÓNS HÍBRIDOS

Científicos en Australia acharon tiburóns híbridos e aseguran que poden ser un indicio de cómo os depredadores mariños se estan a adaptar ao cambio climático.
Os 57 animales atopados son froito do apareamento de dúas especies diferentes, o tiburón de puntas negras australiano,e o tiburón macuira ou tiburón de puntas negras común.
Os tiburóns foron descubertos durante un proxecto para catalogar especies mariñas na costa este de Australia. Concluíuse, mediante probas xenéticas que se trata, efectivamente, dunha nova especie.


Según os investigadores;”Unha especie restrinxida aos trópicos pode así desplazarse a augas templadas. O que estamos vendo é evolución en acción.
O tiburón de puntas negras australiano é lixeiramente mais pequeno ca o tiburón macuira e só pode vivir en augas tropicais. Pero o tiburón híbrido foi atopado a unha distancia de uns 2000 kilómetros cara o sur, en augas moito máis frías.
Isto significa que o tiburón de puntas negras australiano pode estar intentando asegurar a súa supervivencia e a súa continuación en futuras xeracións ante os cambios de temperatura debidos ao cambio climático.
“Se o tiburón de puntas negras australiano se aparea co tiburón de puntas negras común, as súas crías poderán vivir moito máis ao sur en augas frías”, explican os científicos.
Ademais do cambio climático, outro dos factores estudados como posible causa do apareamento inusual é a sobrepesca. Os científicos esperan determinar ademais se se trata dun fenómeno novo ou dun cambio que xa ten certo tempo.
Se os tiburóns híbridos proban ser máis robustos que os seus proxenitores nun exemplo de supervivencia do máis forte, a nova especie podería acabar sucedendo eventualmente aos seus antecesores.
Os investigadores pensan que os tiburóns híbridos son viables, dado que xa hai varias xeracións deles.
Os híbridos non parecen afectar no tamaño das poblacións proxenitores, o que constitúe outro misterio a resolver.
Este descubrimiento ten importantes implicacións para o estudo da evolución dos tiburóns, os científicos creen que esta non podería ser a única especie de tiburóns híbridos nas costas de Australia.

Opinión persoal: Penso que este descubrimento é moi importante e moi interesante dado que se cómo se cumpre a teoría da evolución, a loita do máis forte por sobrevivir, no artigo di que tamén pode ser por causa da sobrepesca, se é por esto, penso que teríamos que ter máis conciencia e deixar as especies animais que están en perigo. Estes tiburóns estan mellor preparados e listos para soportar condicións máis extremas como resposta ao quentamento global, isto quere dicir que se adaptan, por eso este artigo está moi ben e é moi interesante.

fonte orixinal da noticia:

tp://www.springerlink.com/content/147031537857tx27/

fonte orixinal do artigo:

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/01/120103_tiburon_hibrido_am.shtml

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Evolución, paleontoloxía. Ligazón permanente.

3 Responses to ATÓPANSE TIBURÓNS HÍBRIDOS

  1. – Trata de organizar mellor o parágrafos, non te limites a pegar sucesivamente os pedazos que vas copiando.
    – Insera algunha imaxe!!
    – Os dous vínculos van ao mesmo sitio (ao artigo da BBC). En calquera caso non intentas localizar a publicación científica orixinal (a súa localización e a busca de información adicional no seu resumo está valorado en 4 puntos).
    Ao artigo da BBC remata así “El descubrimiento de la nueva especie fue publicado en la revista Conservation Genetics.” Con este dato, máis algun nome de autor máis o nome cientíico da especie implicada ¡¡localiza o artigo!!

    = Completa o teu traballo e cando remates indícamo deixando unha resposta a este comentario.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s