Os primeiros Monos Quiméricos.

Científicos da Universidade de Oregon crearon os primeiros monos quiméricos, normais e sans compostos por células de ata seis xenomas diferentes. Segundo fontes do Centro Nacional Oregon de Investigación de Primates, na Universidade de Salud y Ciencias de Oregon, as células xamais se fusionan pero permanecen xuntas e cooperan para formar os tecidos e órganos. Tamén se indicou no estudo que podería haber límites no uso de células nai de embrión cultivadas. Os monos quiméricos naceron despois de que se incorporaran embrións separados de monos rhesus, e os implantaran en nais.

A clave do experimento foi a mestura de células desde etapas moi precoces embrións cando cada embrión individual é totipotente, é dicir, que as súas células poden producir un animal completo como así mesmo a placenta e outros tecidos. En bioloxía molecular, unha quimera é unha proteína artificial creada unindo dous fragmentos de proteínas diferentes. O método establecido para producir ratos quiméricos non era válido para producir monos quiméricos. O estudio sinala que as células nai de primate cultivadas e as células nai de embrión humano, quizais non sean tan potentes como as dun embrión vivo.

Segundo Mitalipov, se queremos pasar as terapias con células nai dos laboratorios as clínicas temos que entender que é o que esas células de primate poden e non poden facer.

Da fonte inicial podemos sacar que os resultados da agregación de células totipotentes dos embrións de 4 células permiten conocer a natureza específica da especie dos embrións de primates e suxiren que a quimera dun ensaio utilizando células pluripotentes pode non ser factible. Tamén se pode encontrar no artigo orixinal un esquema no que explica explica as técnicas que son factibles e cales das técnicas non o son na formación de individuos quiméricos.

A fonte orixinal é da revista Cell.

ESC = embryonic stem cells
ICM = inner cell mass

E o artigo é do xornal El Mundo.

Na miña opinión, e un moi bo descubrimento. Con saber que isto é un gran paso para pasar as terapias con células nai as clínicas, deberíamos de estar bastante satisfeitos, porque aínda que queda un longo camiño por diante, estes pequenos pasos que imos dando son moi relevantes, posto que a utilización das células nai é moi produtiva en bastantes aspectos da bioloxía, e saber que se poden facer estas accións gracias a elas é moi beneficioso para a sociedade.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética coas etiquetas . Ligazón permanente.

3 Responses to Os primeiros Monos Quiméricos.

  1. – Ben, pero o concepto de quimera está aquí aplicado ao organismo animal, non ás proteínas.
    – Tes un problema coa fonte orixinal, non te fixaches ben porque o artigo de El Mundo comeza así:
    Un equipo científico de la Universidad de Oregón (EEUU) ha creado los primeros monos quiméricos del mundo, animales normales y sanos compuestos por una mezcla de células de hasta seis genomas diferentes, según informó la revista ‘Cell‘.
    Fíxate que o vínculo que pos non é a un artigo de Nature, senón a un blog ligado a esa revista (‘Spoonful of Medicine: a blog from Nature Medicine’). Unha fonte boa e fiable, pero non a orixinal. Non tes que perder moito tempo na busca, fíxate que incluso trae o vínculo directo á fonte orixinal: onde dí ‘The findings were published today in Cell’

    – Localiza e inclúe algo da información orixinal. (trae un debuxo que explica que técnicas dan resultado e cales non para a formación de individuos quiméricos).
    – Cando remates as modificacións indícamo respondendo a este comentario.

  2. Profe, xa modifiquei o artigo. Cambiei a fonte orixinal.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s