O vertebrado máis pequeno do mundo.

Foi descuberto en Nova Guinea, unha illa de Oceanía, tratase dunha rá da familia Paedophryne.

Rá de Papúa Nova Guinea nunha moeda de 10 centavos, cun diámetro de 17.91 mm.

Rá de Papúa Nova Guinea nunha moeda de 10 centavos, cun diámetro de 17.91 mm.

Esta rá foi descuberta polos Investigadores da Universidade Estatal de Luisiana (EE.UU.) durante unha expedición que durou tres meses na illa de Nova Guinea, a cal é un dos maiores lugares de biodiversidade tropical do mundo.

A rá descuberta tan so mide 7,7 milímetros, polo que se comberte no vertebrado máis pequeno do mundo, desbancando desa posición a un peixe (Paedocypris progenetica) localizado en Indonesia, cuxo tamaño medio de adulto e de 8 milímetros. O tamaño entre os diferentes vertebrados varia drásticamente, non obstante so uns poucos alcanzan o tamaño sumamente miúdo dalgunhas ras e peixes. Un dato a contrastar e o vertebrado que está o outro lado da clasificación, a balea azul (Balaenoptera musculus) cun promedio de 25 metros.

Pero non só atoparon esa rá, senon que atoparon duas especies, e a máis pequena chamarona Amauensis paedophryne, na honrra o pobo de Nova Guinea onde se encontrou. Grazas a este descubrimento podese suxirir que as ras miúdas non son meras rarezas, senón que representan un gremio ecolóxico non recoñecido previamente.

O profesor Christopher Austin sinalou que este descubrimento é de grande interese para os biólogos porque ” aínda se sabe pouco sobre as limitacións funcionais relacionadas co tamaño corporal extremo, xa sexa grande ou pequeno”.

Para min estos son descubrimentos importantes porque nos permite ver a gran biodiversidade que temos no planeta e asi intentar concienciar a xente que é unha parte importante da naturaleza e que hai que preservalo.

•Este artigo encontrase na edición dixital do xornal La Vanguardia, e ten como fonte orixinal un artigo de PLOSONE.ORG

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Medio Ambiente, Ecoloxía. Ligazón permanente.

7 Responses to O vertebrado máis pequeno do mundo.

  1. – BEN, interesante e perfectamente localizada a fonte orixinal, que neste caso é de acceso libre. Indicas algunha información extraída de PLoS ONE, pero non indicas cal é. Se te fixas no título orixinal, que comeza con ‘Ecological Guild Evolution,… ‘ e repasas o corpo do artigo e as figuras (e non só o resumo) poderás comprobar que o tema principal é máis de evolución que de medio ambiente (incluso tes unha magnífica árbore filoxenética). Ti poderías extraer máis información relevante da fonte orixinal..
    – Tes que ter coidado con algunhas faltas (o teu “comberte” renxe de máis) e con certas normas especiais: os nomes científicos van sempre en cursiva (ou ben subraiados), por exemplo Paedophryne swiftorum.
    – Por certo, podías ti ou calquera compañeiro POÑER UN COMENTARIO explicando a causa probable deste nome científico?
    – Seguindo coa nomenclatura científica; o artigo de La Vanguardia contén un erro importante xa no primeiro parágrafo, que repite no terceiro. Ademais escribe mal o nome científico da rá. IDENTIFICA ESTES ERROS.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s