Os altos niveis de CO2 afectan o comportamento e o sistema nervioso dos peixes.

O aumento das emisións humanas de CO2 poden afectar o cerebro dos peixes do mar, con graves consecuencias para a súa supervivencia

“A concentración de dióxido de carbono que se calcula que haberá nos océanos a finais de século afectara as habilidades dos peixes para oír, ulir, moverse e ata de escapar dos depredadores” afirmou o xefe do equipo investigador Phillip Munday, do  Centre of Excellence for Coral Reef Studies ARC e a Univesidade de James Cook de Australia.

Peces utilizados en el estudio | Simon Foale/ARC

Peixes sobre os que se fixo a investigacion.

Os océanos absorben cada ano unhas 2300 millos de toneladas de CO2 producidas polo home, cantidade que produce un cambio no mar como a acidificación da auga, cambiando os seus niveis de HCO3 e Cl. O equipo de científicos analizou durante varios anos zonas mariñas con grandes concentracións de dióxido de carbono e o efecto que este tiña nos bebes de peixes de arrecife, como o peixe paiaso e a doncela amarela, e nos seus depredadores.

O primeiro que descubriron e que os peixiños perdían o sentido do olfacto, resultándolle así mais difícil atopar lugares onde esconderse, sentíndose atraídos por olores de depredadores que antes evitarían, e minguando así as súas capacidades de escapar e sobrevivir. Pola contra os depredadores o dióxido de carbono afectáballe en moita menos medida. O  seguinte sentido afectado foi o do oído e a habilidade de dar a volta, un movemento e un sentido importantes para permanecer unidos, xa que os peixes solitarios son mais vulnerables.

Todo isto levounos a pensar que non era so un dano a cada sentido individualmente, senón que a concentración de dióxido de carbono afectaba a todo o sistema nervioso central. Nas ultimas investigacións do equipo, amósannos que os altos niveis de CO2 afectan directamente a un receptor do cerebro dos peixes chamado GABA-A, dando lugar a un cambio na súa función normal e causando un exceso de entusiasmo en certos sinais nerviosos. O traballo amosa que os peixes con alto consumo de osixeno e probable que sexan os mais afectados, o que suxire que os efectos do CO2 poden afectar a algunhas especies peor que a outras, incluíndo algunhas especies moi importantes para as industrias pesqueiras do mundo.

Na miña opinión isto e un tema interesante, xa que non estamos falando so da contaminación dos mares co CO2 ou da perda de sentido duns peixes, senón que isto podería repercutir en cadeas tróficas mariñas, eliminando así especies de peixes, etc e todo o que pasa no mar vainos repercutir a nos, xa que as especies de peixes que nos comemos tamén se poderían verse afectadas. Paréceme que temas como este, o cambio climático, o buraco da capa de ozono… son temas pouco falados e dos que teriamos que concienciar  axente para que tivera nunha actitude responsable co planeta, xa que estamos  acabando con el , e  de seguir así,  acabaremos con nos mesmos.

O artigo foi extraido de :

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/16/natura/1326710582.html

A fonte orixinal é:

http://www.nature.com/nclimate/journal/vaop/ncurrent/pdf/nclimate1352.pdf

Tamén se consultou estoutra paxina:

http://www.coralcoe.org.au/news_stories/braindamage.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Medio Ambiente, Ecoloxía, Saúde. Ligazón permanente.

2 Responses to Os altos niveis de CO2 afectan o comportamento e o sistema nervioso dos peixes.

  1. MOI BEN extraída a información, pero deberas aclarar que parte da información está obtida da fonte orixinal (ver punto seguinte).
    – Poderías mellorar a estrutura do teu post reducindo o número de parágrafos, agrupando os que tes . Por exemplo presentas a experiencia e os datos obtidos, despois comentas a información adicional obtida no publicación orixinal. Aquí podes incluir o comentario sobre as diferencias entre a perspectiva de ambos artigos, os erros detectados, etc. Alternativamente podes sumar esta análise comparativa á túa valoración final (opinión persoal sobre o tema escolido), que sería o derradeiro parágrafo.
    – As imaxes deben levar un texto explicativo, (cunha letra de paso inferior) e unha indicación da procedencia da mesma.

  2. 1bbesama di:

    Je crois que la plupart de nôtres actions sur la planète peuvent avoir terribles conséquences ; mais je ne savais pas que nous sommes si près de finir avec la richesse dans la mer… c’est vraiment triste que l’inconscience au jouer sans aucun control avec les recours naturelles produit ça. N’est pas seulement l’utilisation des océans come la poubelle mondiale ; sinon l’absence de faute des êtres qui paient pour nôtre irresponsabilité. Quoique si ces animaux sont quelque jour plus près de la mort ou la disparition, l’extinction ; nous pouvons être les prochaines en recevoir …
    Tout est en relation, et si les poumons de la terre sont les espaces verts, les eaus sont la sang de cet monde qui promets se crever si nous allons pour le même chemin pendant un peu plus de temps.
    Je suis d’accord avec ton opinion et aussi je te remercie pour ton expression simple et concrète au parler d’un sujet qui d’autre forme pouvait être plus difficile.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s