Amasia, próximo supercontinente.

Este supercontinente producirase dentro de millóns de anos coa unión de América con Asia debido a gran atracción que hai cara o polo norte. Segundo os seus cálculos, esta gran masa de terra chegará a formarse dentro de entre 50 e 200 millóns de anos.

Novo supercontinente

Novo supercontinente.

                •A universidade de Yale creou unha animación que se pode ver neste enlace.

Fai máis de 200 millóns de anos todolos continentes actuales reunianse nunha gran masa de terra, Panxea. Despois, Panxea, foise separando ata acadar o aspecto actual, separado en cinco continentes. Pero estes non son definitivos xa que chocarán, superpoñeranse e fundiranse, por iso os científicos creen que xurdirá un novo supercontinente o redor do polo Norte, debido a súa gran atracción.

Amasia unirase por America e Asia, e así, ambos os dous continentes quedarán unidos polo polo norte, o cal permitirá cruzar de Alasca a Siberia e viceversa. Unha nova investigación publicada en Nature suxire que Amasia se formará a 90 grados de distancia de onde estaba situado Panxea.

Na fonte orixinal podemos obter unas declaracións de Ross Mitchell, xeólogo de Yale e un dos autores do artigo, que di: “Primeiro fundiranse as Américas en conxunto, entón esas emigrarán mutuamente cara o norte que conducirá a colisión con Europa e Asia máis ou menos cara ao Polo Norte actual” e “Australia continuará cara ao norte ata arrimarse a India”.

Considero interesante este artigo porque asi sabemos que o mundo tal e como o coñecemos non será sempre así, e que estará sempre en continuo movemento sen saber cal será a forma definitiva coa que acabará.

Este artigo encontrase no xornal ABC, e a fonte orixinal atopase en Nature.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Evolución, paleontoloxía, Xeoloxía, riscos. Ligazón permanente.

3 Responses to Amasia, próximo supercontinente.

  1. diego 1a di:

    Un artigo considerablemente interesante pola causa de que podemos saber como sera a terra no futuro.Na miña opinion este articulo esta ben redactado pero penso que lle falta algo mais de contido fotografico.

  2. Un artigo moi interesante, cada dia coñecemos mellor o noso planeta, sabendo mais do seu pasado, e aventurandonos a facer prediccions sobre o seu futuro. Ten unha forma moi cambiante, partimos nun principio dunha Panxea, pasando polos continentes actuais, e segun expertos, dirixindonos cara unha Amasia. Isto non so e un cambio na distribucion do terrno terrestre, senon que mudara a flora e fauna, xa que as especies teran libre movemento por todo o mundo. Pese a todas as investigacions, ainda moi grande o noso descoñecemento sobre o que pasará co futuro da terra.

  3. Moi ben, o único que resulta un pouco confuso é o enlace á animación de Yale, porque das a entender que simula o futuro (é dicir, os próximos 100 millóns de ano) cando en realidade reconstrúe a paleoxeografía, a posición pasada dos continentes durante o Fanerozoico (máis ou menos 500 MA cara ao pasado)

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s