Porque é saudable facer exercicio?

A resposta é clara : porque mellora o prevén certas enfermidades como a diabetes ou os problemas cardiovasculares. O exercicio activa un xene e unha hormona que poñen en marcha procesos destinados a queima de caloría e a limpeza celular.

Segundo un traballo publicado na revista Nature, comprobouse, mediante manipulación xenética de ratos, que o xene BCL2 ten unha función crucial no metabolismo celular incluída a glicosa.

Un mecanismo chamado autofagia, sistema de defensa que consiste na destrución das proteínas defectuosas e favorece a renovación celular. O que se observou nesa investigación foi que ao practicar exercicio activase o xene BCL2 e iso induce a autofagia.

Segundo Palou, director do laboratorio de Bioloxía Molecular Nutrición e Biotecnoloxía da Universidade das Illas Baleares, “ se trata de un proceso significativo en el campo del ejercicio. Sabíamos que era beneficiosos pero ahora sabemos por qué.”

Outro estudo realizado por Spiegelman, da Universidade de Harvard (EEUU) recolle que utilizaron ratos aos que previamente lle inxectaran a hormona irisina, que nos humanos aumenta o seu nivel coa práctica de exercicio, e a graxa branca pasou a ser graxa parda. E ese feito é saudable posto que a graxa parda queima calorías en lugar de acumulalas. Tamén se observou que a inxección de irisina mellora o control de glicosa e os niveles de insulina.

Tamén se consideraron temas como a relación entre a obesidade e a inactividade física co desenrolo do cancro e isto levou a pensar na posibilidade de no futuro crear fármacos baseados na hormona irisina para previr e tratar enfermidades.

Da fonte inicial podemos sacar que o proceso da autofagia funciona durante condicións basais, é dicir, o que se di do nivel de actividade dunha función orgánica durante o repouso e o ayuno.

A fonte orixinal é da revista: Nature.

E o artigo é do xornal: El Mundo.

Sen dúbida escollín este tema porque penso que nestes momentos é moi relevante para a poboación coñecer e ter información acerca de cuestións que nos poden axudar a desenrolar novos fármacos. Ademais, esta noticia trata sobre a obesidade que é un tema moi presente ultimamente, e este tipo de artigos deberían axudar a concienciar máis a xente de facer exercicio e de levar unha vida saudable.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética, Curso 2011-2012, Saúde coas etiquetas . Ligazón permanente.

2 Responses to Porque é saudable facer exercicio?

  1. 1barvino di:

    Pareceme un artigo moi interesante xa que o tema da obesidade está moi presente ultimamente nas nosas vidas e como dis na túa opinión estes artigos axudan a xente. Desde o meu punto de vista contaches moi ben o tema do artigo, resaltando palabras importantes con outras cores e engadindo fotos.

  2. Esta moi ben,
    O artigo, como ben indicas, refírese a dous traballos diferentes publicados os dous en Nature:
    – un refirese á relación entre exercicio e autofaxia; é o que ti indicas no vínculo
    – outro sobre a transformación da graxa nornal en parda, inducido polo exercicio e coa mediación da hormona irisina. Este segundo artigo non o referencias (é o que está detrás do teu comentario sobre os fármacos):
    http://www.nature.com/nature/journal/v481/n7382/full/nature10777.html

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s