Xa hai resposta ao enigma das raias das cebras.

Segundo un estudo da revista “Journal of Experiment Biology”, realizado por investigadores de Suíza e Hungría, as raias brancas e negras das cebras, son un mecanismo evolutivo, que desenrolaron para facerse menos atractivas a parasitos chucha sangue (tabaos), cuxa mordida era portadora de enfermidades e as distraía da súa labor de alimentarse.

Caballos de madera usados en el experimento en un campo infestado de moscas. | G. Horvath

A clave do enigma radica na maneira na que os diferentes cores de pel  reflicten a luz. Os investigadores comezaron o estudo con cabalos negros, marróns e brancos. Nos cabalos negros e marróns a luz reflectíase polarizada horizontalmente, e as moscas acudían a eles. Pola contra os de cor branca non polarizaban a luz, polo que as súas ondas  viaxaban en calquera plano. Con isto descubriron as preferencias dos tabaos pola luz polarizada horizontalmente, a dos cabalos marróns e negros.

Tras estes descubrimentos investigaron o tipo de luz que reflectía a pel  raiada das cebras e como racionaban as moscas e os tabaos a mesma. Logo de realizar as correspondentes comprobacións, os científicos descubriron que o número de tabaos e moscas que acudían as peles raiadas era mínimo.

Con isto concluíron que as cebras evolucionaron, cerando esa pel raiada, para a menor atracción dos tabaos.

Eu tamén considero que as cebras evolucionaron cerando ese tipo de pel a raias brancas e negras para garantir mellor a súa supervivencia ( xa que os parasitos non  van tanto a elas e non lle pasan enfermidades). Pero considero, que esta non e a única explicación para dito feito , senón que seguramente interviron moitos mais factores para crear este tipo de pel.

O artigo foi extraído de :

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/10/natura/1328869224.html

A fonte original atopase no “Journal of Experiment Biology”

http://jeb.biologists.org/content/215/5/iii

Tamén se consultou a paxina da BBC:

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/02/120209_ciencia_cebras_rayas_moscas.shtml

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Evolución, paleontoloxía, Medio Ambiente, Ecoloxía. Ligazón permanente.

4 Responses to Xa hai resposta ao enigma das raias das cebras.

  1. Me parece un artículo interesante, y con el me di cuenta de mi falsa suposición, ya que pensé que esto se debía a la relación con el entorno en el que vivían y por el camuflaje. Ya que la selección natural hizo que sean de esta forma, de que color se supone que provienen, ¿Del oscuro o del claro?

  2. Bo artigo no que se pode comprobar a evolucion dunha especie para acadar a supervivencia, xa que asi, como indica no artigo, evitan unha gran parte das enfermidades transmitidas polos parasitos, pero ainda me queda a dúbida de se ese é o único factor que tuvo efectos sobre as cores actuales das cebras.

  3. O teu vínculo non vai exactamente ao artigo orixinal, senón a un comentario máis asequiblew. O orixinal é máis técnico, e aparece na parte de abaixo da páxina que ti indicas. Só podes ver os datos básicos: título, autores e resumo. Tamén contén un material suplementario, onde tes táboas nas que figuran os datos cuantitativos do número de tabaos atraídos por cada patrón.
    http://jeb.biologists.org/content/215/5/736.abstract

    Tedes razón en poñer en dúbida a explicación proposta. Asignar explicacións adaptativas a caracteres observados sempre resulta problemático.

    Por certo, noutro lugar onde informaban deste traballo, viña esta fotografía co seguinte pé de foto ‘Imagine what it looks like to a fly’

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s