Cerebro, elegante simpleza.

Falouse moito da complexidade do cerebro, pero resulta que certos científicos acaban de descubrir que o cerebro está feito de fibras paralelas e perpendiculares que se cruzan entre si de forma ordenada.  O avance é importante para poder trazar o mapa das conexións cerebrais, coñecer o seu desenrolo e perfilar  mellor teorías sobre cómo funciona este órgano e como evolucionou.

O cerebro, segundo di o científico Wedeen na revista Science, está feito de dous tipos de tecido: a materia gris de células nerviosas con funcións específicas, e a materia branca feita de largas fibras interconectadas  ou cables. Estes investigadores mostran a simple organización xeométrica deste cableado cerebral. Todas as fibras forman un único tecido ou rejilla tridimensional, e observouse esta estrutura en catro especies diferentes e en persoas voluntarias.

As análises revelan que todas as fibras entrecruzadas ou adxacentes con unhas vías neuronais dadas son perpendiculares ou paralelas a ditas vías. Para realiza o mapa das conexións utilizouse un escáner que detecta o movemento da auga dentro das fibras para localizalas. Esta nova tecnoloxía pode revelar diferenzas individuais nas conexións cerebrais que axuden a diagnosticar e tratar enfermidades cerebrais.

Da fonte orixinal podemos sacar que a estrutura do cerebro como produto da morfoxénese é difícil de conciliar ca complexidade observada da conectividade cerebral.

Na miña opinión está claro que é un avance moi relevante non so porque coñecemos un pouco máis dese órgano tan importante para todos nós, senón que tamén podería axudar a diagnosticar enfermidades e tratalas, o que suporía moitas vantaxes para a sociedade posto que poderíase encontrar a cura a enfermidades que hoxe en día non a teñen.

A fonte orixinal é da revista : Science

E o artigo é do xornal: El País

Estas entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética, CMC 2011-2012, Saúde coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar un comentario