Un transistor do tamaño dun átomo permitirá crear o ordenador cuántico

Científicos australianos construíron o transistor mais pequeno do mundo a partir dun único átomo de fósforo colocado sobre un cristal de silicio con unha enorme precisión. Isto supón un gran paso cara o desenrolo dos futuros ordenadores cuánticos, que permiten facer cálculos miles de millóns de veces mais rápidos que cos actuais. Isto  foi publicado no Sydney Mornign Herald

No pasado xa se fixeron aparatos compostos dun so átomo, pero tiñan  un erro de dez nanómetros no seu posicionamento, o que afectaba o seu funcionamento. Isto foi o que os científicos australianos conseguiron evitar, colocando o átomo de fósforo con moita precisión, asegurou a xefa do proxecto e directora do Centro de Computación Cuántica da Universidade de Nova Gales do Sur, Michelle Simmons, según o SMH

"Un átomo de fósforo, precisamente colocado, dentro dun cristal de silicio pode convertirse nun bloque de construcción para un ordenador cuántico súper rápido."

Para este proxecto utilizouse un microscopio de varrido de efectos  para reemplazar un dos seis átomos de silicio por un de fósforo con unha precisión maior a medio nanometro. Este átomo de fósforo colocouse entre dous pares de electrodos, o primeiro a 20 nanometros de distancia e o segundo a 100 nanometros.

Ao aplicar voltaxes ao longo dos electrodos, o nanoaparato operou como un transistor ampliando e cambiando os sinais electrónicos, según a investigación publicada en Nature Nanotechnology.

Este nanotransistor representa un gran paso para o desenvolvemento dos ordenadores cuánticos, os cales se calcula que non estarán o alcance do publico ata dentro de 15 ou 20 anos.

Na miña opinión isto e un gran avance en moitos aspectos, non so na nanotecnoloxía, senón que hoxe en dia todas as cousas electrónicas levan transistores. Conseguindo reducir o tamaño e aumentar a súa potencia lograriamos obter ordenadores, móbiles… mais pequenos e potentes, capaces de realizar moitas mais funcións das actuais, o que permitiría avanzar mais rápido noutros campos de estudo.

O artigo foi extraído de:

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/20/navegante/1329703456.html

A fonte orixinal é:

http://www.nature.com/nnano/reshigh/2012/0412/full/nnano.2012.58.html

Tamén se consultou:

http://www.smh.com.au/technology/sci-tech/nanotransistor-breakthrough-to-offer-billion-times-faster-computer-20120220-1thqk.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Quimica / Tecnoloxía /Materiais. Ligazón permanente.

One Response to Un transistor do tamaño dun átomo permitirá crear o ordenador cuántico

  1. marcosnb di:

    moi bo traballo, penso que poderías acurtalo un pouco… en canto a opinión personal fixeches un gran traballo, moi bo tema por certo, sempre é interesante saber mais sobre tecnoloxía. bo traballo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s