Saben os monos ler?

A resposta é non, pero uns investigadores franceses, tras un experimento feito en Marsella (Francia), descubriron que si son capaces de diferenciar palabras en inglés de outras sen sentido, con unha porcentaxe de acerto aproximado dun 75 %.  Dan, o mellor alumno dos seis monos que participaron na investigación, aprendeu a distinguir 308 palabras escritas correctamente a partir de 8.000 vocábulos

Un dos babuinos que participou no experimento.

Os científicos involucrados neste experimento eran do “Centre National de la Rechercher” (CNRS) de Francia e traballaron con babuinos “Papio papio”.

Os investigadores traballaron nun recinto valado e o aire libre no que había unhas cabinas, que contiñan unhas pantallas táctiles, as que os babuinos acudían voluntariamente para marcar se a secuencia de palabras que  aparecía en pantalla era un palabra en inglés ou unha secuencia sen sentido. As palabras que aparecían en pantalla sempre eran secuencias de catro letras e escritas en maiúsculas  e cando acertaban recibían unha gominola como premio.

Os investigadores consideran que iso demostra que os monos son capaces de “identificar e memorizar patróns na organización das palabras co fin de detectar anomalías”.

Grainger, un dos investigadores dixo na revista Science que os monos adoitábanse confundir nas palabras que contiñan pares de letras que eran comúns nas palabras reais.

Grainger tamén dixo que os babuinos “están a utilizar a información sobre as letras e a relación entre estas”, “Isto suxire que ten que estar vinculado a algún tipo de capacidade antiga que non é lingüística”. Di que o feito de que algúns babuínos encontren a tarefa máis difícil que outros podería ser unha “ventá a factores visuais que contribúen á dislexia. “

O experimento suxire que cando os humanos lemos, estamos a «empregar parcialmente unha antiga habilidade, anterior á evolución da nosa propia especie», segundo conclúen os autores do traballo.

A noticia foi extraida do xornal El Mundo, que tomou como fonte a revista Science. O artigo tamen se pode atopar na páxina da CNRS

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Neurociencia / psicoloxía. Ligazón permanente.

One Response to Saben os monos ler?

  1. diego 1a di:

    Sorprendeme esta noticia xa que non sabia que os monos poideran visualizar vocablos.Polo tanto pareceme un artigo interesante e un tanto divertido e interesante.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s