Descóbrese a “chave” que abre as células inmunitarias para o VIH

O proceso clave da infección é o momento na que o patóxeno entra nas células e quere colonizar. No caso do VIH, a súa diana son as células do sistema inmutario responsables de combater aos invasores. Un equipo de investigadores encontrou  a vía que permite esa entrada, o que logo orixina a difusión da infección.

O composto descuberto é un gangliósido( complexa combinación dun lípido, un azucre e un ácido siálico). O obxectivo agora é encontrar fármacos que sexan capaces de inhibir o proceso. Si se impide que o VIH entre nas  células dendríticas quedarán expostas a acción do sistema inmunitario e serán máis fáciles de eliminar, xa que a complicación das infeccións con retrovirus é que cando entran nas células intégranse no material xenético do anfitrión, co que non se da atacado, e por iso a infección queda latente as veces e pendente de que se active.

Nas investigacións alteraron a composición de gangliósidos e liposomas , ao poñer en contacto estas partículas cas células dendríticas, demostrouse que podían entrar nas células cuxas vesículas con gangliósidos específicos. E comprobaron que eliminar os gangliósidos directamente do virus evita que as células dendríticas poidan atrapar o VIH-1.

Da fonte orixinal podemos engadir que non é un misterio como as células dendríticas detectan moitos patóxenos: os microbios traizóanse ao mostrar certos patóxenos específicos de compostos na súa superficie, que as células dendríticas recoñecen mediante receptores específicos.

Na miña opinión, está claro que isto supón un gran avance na loita contra esta enfermidade. O feito de que se leve tantos anos investigando para encontrar un tratamento o máis eficaz posible e que cada vez se vaia avanzando e dando pasos tan relevantes, fai que a xente acade unha grande esperanza de chegar a unha cura definitiva. Para as persoas infectadas co virus do VIH pode supoñer máis esperanza de vida é un mellor nivel de vida.
O artigo orixinal é da revista PLoS Biology :

http://www.plosbiology.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pbio.1001316

E o artigo foi sacado do xornal El País :

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/25/actualidad/1335344127_489028.html

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Saúde coas etiquetas . Ligazón permanente.

2 Responses to Descóbrese a “chave” que abre as células inmunitarias para o VIH

  1. Parceume un artigo moi interesante, xa que hoxe en día o VIH e unha das enfermidades que máis se esta estendendo. Estes novos descubrimentos poden darnos a resposta para curalo, xa que sabendo como actua so e cuestión de interromper dito proceso. A ceración de novos farmacos axudaria a que os infectados de VIH tiveran unha mellor vida, mais dende o meu parcer, a mellor solución e a prevención.

  2. 1barvino di:

    Pareceme un artigo moi interesante e estou moi de acordo coa túa opinión. Penso que contaches moi ben o artigo e acertaches coa foto. Non teño nada que engadir. Un bo artigo!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s