A enana marrón máis fría coñecida.

Chámaselle enanas marróns aos obxectos cunha masa demasiado pequena para activar as reaccións de fusión nuclear que caracterizan ás estrelas, pero demasiado grandes para ser planetas.

Un equipo do Departamento de Astronomía e Astrofísica e o Centro de Exoplanetas e Mundos Habitables da Universidade Estatal de Pensilvania, dirixido por Alex Wolszczan e Matthew Route descubriu, empregando o radiotelescopio Arecibo, de Porto Rico (o máis grande do mundo), as emisións de radio naturais dunha enana marrón ultrafría, a cal bate o récord rexistrado ata agora para a temperatura dunha enana marrón, xa que ten a metade de temperatura que a anterior candidata.

[Img #8359]

Esta enana, que recibe o nome de J1047+21, está a uns 33.6 anos luz da Terra, na constelación de Leo.

Este descubrimento, e a tecnoloxía empregada para levalo a cabo, poderían aumentar as probabilidades de atopar vida en planetas fóra do Sistema Solar.

A enana J1047+21 case non é visible a simple vista, pero as ondas de radio que emite mostran que debe ter un campo magnético moi forte, o cal indica que podería ser así noutras enanas marróns similares. Posiblemente nun futuro se detecten enanas marrons máis frías e incluso planetas do tamaño de Xúpiter ou Saturno arredor doutras estrelas.

O descubrimento do campo magnético que posúe a enana J1047+21 é moi importante, xa que éste inflúe na vida que se podería desenvolver e, de encontrarse un campo magnético similar ao do noso planeta, axudaría a descubrir se hai ou podería haber vida fora da Terra.

Fonte do artigo: http://noticiasdelaciencia.com/not/4371/la_enana_marron_mas_fria_conocida_detectada_mediante_ondas_de_radio/

Fonte orixinal do artigo: http://www.naic.edu/science/estrellasmas_fria.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

2 Responses to A enana marrón máis fría coñecida.

  1. Este artigo é puntuable para a 2ª Avaliación.

  2. Ao final do teu vínculo orixinal podes ler:
    “Los resultados fueron publicados en la edición de Marzo 10 de Astrophysical Journal”

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s