A nave Dragon regresa á Terra.

A misión da nave espacial Dragon, que durou nove días, sete horas e cincuenta e oito minutos xa finalizou exitosamente tras regresar sen ningún problema dende a estación espacial internacional e aterrizar no océano Pacífico, de donde xa foi recuperada. Demostrouse que a cápsula pode levar e devolver carga entre a Terra e a estación espacial sen ningun problema ou risco para os tripulantes, polo cal será empregada durante os próximos anos para enviar suministros á ISS.

A nave foi desenganchada da estación o 31 de maio, as 09.07 tras varias horas de comprobacións de seguridade. Dragon foi enganchada co brazo robótico da ISS, para retirala do módulo Harmony e situala nunha posición adecuada para ser liberada, despois de cinco días e dezaseis horas unida á estación.

Logo de separarse lentamente da ISS, a nave activou o seu sistema de propulsión para dirixirse novamente á Terra. Finalmente desfíxose do seu módulo de servicio xa que só a cápsula de reentrada podería suportar o reingreso atmosférico, grazas ao seu escudo térmico.

Unha vez preto da superficie estenderonse os paracaídas da cápsula, e a Dragon descendeu ata chegar ao océano, onde foi rescadata polos barcos enviados con ese fin. Tras ser recuperada, a cápsula foi enviada a Houston, onde sería extraída a súa carga, procedente da estación espacial.

[Img #8380]

Paréceme un avance importante para a carreira espacial, xa que agora será máis sinxelo intercambiar material dende a Terra ata a estación espacial, e por tanto haberá unha maior cantidade de avances na ISS.

Enlace do artigo: http://noticiasdelaciencia.com/not/4385/la_dragon_ya_se_encuentra_en_la_tierra/

Enlace orixinal do artigo: http://www.nasa.gov/home/hqnews/2012/may/HQ_12-179_SpaceX_Splashdown.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

One Response to A nave Dragon regresa á Terra.

  1. Este artigo é puntuable para a 2ª Avaliación.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s