Resolto o misterio sobre a bacteria do cólera.

Durante case cincuenta anos intentouse averiguar cómo a bacteria Vibrio Cholerae, causante do cólera, logra resistir a unha das nosas respostas inmunitarias básicas, sen obter ningun éxito.

Agora ese misterio está resolto grazas á investigación dun equipo da Universidade de Texas dirixido polo microbiólogo Stephen Trent.

Cada ano o cólera afecta a millóns de persoas, matando a centos de miles delas por deshidratación grave, ao causar diarrea e vómitos.

A defensa desta bacteria contra o noso sistema inmunitario consiste en asociar un ou dos aminoácidos ás endotoxinas, que cubren aprox. o 75% da superficie externa da bacteria. Estos aminoácidos cambian a carga eléctrica na superficie externa da bacteria, que pasa a ser neutra en lugar de ser negativa. Isto é importante, xa que as nosas moléculas defensivas que contrarrestan ese tipo de bacterias están cargadas positivamente, para enlazarse á superficie cargada negativamente das bacterias e formar un poro na membrana bacteriana, por donde entra auga e fai rebentar a bacteria, matándoa. É unha defensa moi eficaz, por eso os péptidos catiónicos antimicrobianos están presentes en case toda a natureza.

Sen embargo, estos péptidos non se poden enlazar coa bacteria Vibrio Cholerae, xa que ten carga neutra. Así a bacteria pode invadir os nosos intestinos e producir máis bacterias. Neste proceso non podemos reter os nosos fluídos nin extraer suficientes nutrintes dos alimentos.

É un avance moi importante para a medicina, xa que, agora que se coñece detalladamente o mecanismo que emprega a Vibrio Cholerae para resistir as nosas moléculas defensivas, será posible crear un antibiótico que poida sabotear ese mecanismo. Se isto sucedese, os nosos péptidos catiónicos antimicrobianos realizarían o resto do traballo.

Fonte do artigo: http://noticiasdelaciencia.com/not/4508/tras_medio_siglo__resuelven_un_misterio_sobre_la_bacteria_del_colera/

Fonte orixinal do artigo: http://web5.cns.utexas.edu/news/2012/05/50-year-cholera-mystery-solved/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2011-2012, Saúde. Ligazón permanente.

One Response to Resolto o misterio sobre a bacteria do cólera.

  1. Como podes ler no teu vínculo, o artigo orixinal está publicado en Proceedings of the National Academy of Sciences,

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s