Un planeta destruído pola sua propia estrela.

O equipo de astrónomos dirixido por Saul Rappaport, profesor de física do MIT, e Jon Jenkins, investigador do instituto SETI, poderían haber atopado a máis de 1500 anos luz da Terra un planeta que está a ser desintegrado polo intenso calor da sua estrela, xa que está deixando tras de sí unha cola de pó. Saul Rappaport e o seu equipo consideran que de seguir así o planeta deixaría de existir dentro duns 200 millons de anos.

A pesar de que os indicios son firmes, requírese investigacións adicionais para confirmar a existencia do planeta e a veracidade deses indicios.

Este descubrimento comezou cando encontraron, grazas ao telescopio Kepler da NASA, un patrón de luz estraño que saía da estrela KIC 12557548. Este patrón de luz parece denotar a presenza dun planeta que describe unha órbita completa en 16 horas a redor da súa estrela, unha das órbitas máis cortas xamais detectadas, sendo a distancia orbital de só dúas veces o diámetro da estrela. A causa disto a temperatura na superficie do planeta estímase nuns 1800ºC.

Os científicos plantean a hipótese de que ese planeta sempre presente a mesma cara hacia a estrela, e que esta sexa un océano de magma, xa que probablemente o movemento de rotación do planeta estea sincronizado co seu movemento orbital.

[Img #8618]

Pareceume un artigo interesante e bastante curioso, xa que é impactante saber que un planeta pode ser destruído a causa da súa propia estrela.

Fonte do artigo: http://noticiasdelaciencia.com/not/4513/planeta_siendo_desintegrado_por_el_calor_de_su_estrella/

Fonte orixinal do artigo: http://www.nasa.gov/centers/jpl/news/kepler20120521.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2011-2012. Ligazón permanente.

One Response to Un planeta destruído pola sua propia estrela.

  1. No vínculo da NASA podes ler que:
    A technical paper is published in The Astrophysical Journal and is available for download at: http://arxiv.org/abs/1201.2662

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s