“A tumba dunha antiga raíña maia.”

Descúbrese a tumba da Raíña Maia K’abel, a Dama Serpe. Foi unha poderosa muller que gobernou no século VII, e considérase unha das grande raíñas do imperio maia, que chegou a ter máis poder incluso que o seu marido, o rei.

A tumba foi descuberta durante unhas escavacións na antiga cidade maia, El Perú-Waka, en Guatemala. Participaron nela unha serie de antropólogos e antropólogas, dirixidos por David Freidel, antropólogo da Univesidade de Washington. Esta cidade, El Perú-Waka, foi unha parte importantísima da antiga e clásica civilización maia de entre os anos 200 e 900 da nosa era; que se compón de templos dispersos, pirámides, residencias, prazas e palacios.

A tumba é unha notable figura maia, se non pola concordancia entre os rexistos históricos e arqueológicos maias. Outro dos feitos que tiberon relevacia é que agora os antropológos comprenden por qué se veneraba tanto ese mesmo templo: a razón máis probable é que K’abel foi enterrada alí.

É un gran descubrimento, a min persoalmente gustaríame moito que donde eu vivo, ou cerca se encontrase tal hallazgo. Para min o pasado da miña terra natal é importante, e paréceme moi interesante saber a actividade humana que houbo mentras eu non estaba, como vivían, quen gobernaba,… Algo que me sorprende gratamente é que a que gobernaba fose unha muller, incluso máis que o seu home, que era o rei. Creo que a arqueoloxía é moi importante, xa que algún día gustaríanos que as xeneracións futuras soubese o pasado do seu país, ou outros países, como a nós nos gusta sabelo oxe en día.

Juan Carlos Pérez, ex-viceministro de Cultura para o Patrimonio Cultural de Guatemala; a antropóloga Olivia Navarro-Farr da Universidade de Wooster en Ohio, Estados Unidos; Griselda Pérez Robles, ex-directora de Monumentos Prehistóricos no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia en Guatemala; e a arqueóloga Damaris Menéndez formaron un equipo excelente, durante varias escavacións encontraron a tumba e outras moitas pezas como as da imaxe inferior na que podemos ver como na antiguedade, ben reis ou raíñas tiñan un montón de monumentos seus.

Tamén vou a deixar un vídeo do arqueólogo que dirixeu a investigación, David Freidel donde explica con exactitude todos os procedementos e descubrimentos.

Encontrei esta noticia nunha páxina web chamana “Noticias da Ciencia”, podela ver nesta ligazón: http://noticiasdelaciencia.com/not/5504/descubren_en_guatemala_la_tumba_de_una_legendaria_reina_de_la_antigua_civilizacion_maya/. A fonte orixinal é esta mesma páxina na que o encontrei.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Curso 2012-2013, Medio Ambiente, Ecoloxía coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 Responses to “A tumba dunha antiga raíña maia.”

  1. O artigo é interesante pero non resulta adecuado por dúas razóns:
    1) A temática, historia e antropoloxía, NON encaixa ben cos contidos desta materia. Cousa diferente sería que tratase de paleoantropoloxía.

    2) Falta de fontes orixinais. Lembra que este apartado representa o 40% da puntuación. Se non está publicado nada nunha revista científica deberas pensar na posibilidade de escoller outro tema. En todo caso a fonte que citas NON é a fonte orixinal, isto refírese sempre a algo que escriban os propios investigadores. Se miras atentamente na referencia que citas verás:
    > un vínculo “Información adicional”…
    > …. que che leva á páxina de noticias dunha universidade…
    > … onde podes ler ‘For a full report on the discovery by the archaeologists, click here

    Isto xa é unha fonte orixinal, porque esta escrita polos investigadores. O problema é que non está publicada, e polo tanto non revisada por iguais (peer reviewed)

  2. Todavía non deches resposta ás suxerencias… Por certo, no comentario anterior esquecinme mencionar que me gustara ler a túa opinión.

    >> >> Cando fagas modificacións indícamo facendo un comentario a este comentario.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s