EN MARTE PUIDO HABER VIDA

Na revista NatureGeoscience publicaron os resultados de estudos según os que en Marte tería existido vida ao longo dunha gran parte da súa historia.

Chegaron a esta conclusión ao analizar as rochas do subsolo que saen á superficie despois do impacto de meteoritos con Marte.

Esas rochas conteñen arxilas e minerais cuxa composición química foi alterada pola auga, que é indispesable para a vida. Ambos son do grupo dos carbonatos, formados por fluídos, nos que pode haber pegadas de se houbo vida no subsolo de Marte.

Tamén algúns cráteres de este planeta actuaron como concas destes minerais, por exemplo o cráter McLaughlin.

A análise de este tipo de rochas, é importante para coñecer  máis os procesos químicos iniciais do sistema solar.

Actualmente investíganse os procesos da superficie de Marte porque as rochas sedimentarias poden presentar mellores evidencias de habitabilidade , pero no futuro poderíanse analizar tamén rochas do subsolo.

Michalski opina que non se debe perforar o subsolo na percura de vida antiga, senón estudar as rochas que, de forma natural, foron desplazadas ata a superficie do planeta e tamén buscar concas profundas a cuxas superficies accederon fluídos.

OPINIÓN PERSOAL: Ao meu parecer a importancia deste artigo está en poder coñecer máis o noso planeta nas etapas primitivas a partir do que se observa en Marte. Creo que é máis lóxico buscar  probas de vida no subsolo e non na superficie porque estarán menos alteradas xa que non sofren as consecuencias de  impactos con meteoritos, fenómenos climáticos, etc.

Fonte de información:

  http://www.tendencias21.net/Minerales-del-subsuelo-de-Marte-sugieren-que-el-planeta-rojo-albergo-vida_a14815.html

Fonte orixinal: 

Revista Nature GeoScience: Groundwater activity on Mars and implications for a deep biosphere http://www.nature.com/ngeo/journal/v6/n2/full/ngeo1706.html

Advertisements

About carlaiglesias

Student
Esta entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas. Ligazón permanente.

4 Responses to EN MARTE PUIDO HABER VIDA

  1. BEN…. pero falta aportar algunha información procedente do artigo orixinal para mellorar a puntuación.
    Certo que a fonte orixinal é unha revista que precisa suscrición para ver o artigo completo, pero neste caso podes acceder gratuítamente a un pdf con ‘Supplementary information‘. De aí podes sacar esquemas e fotografías, e tes o necesario para facer un comentario. Lembra indicar ao pé das imaxes a súa procedencia.

  2. Paréceme un artigo realmente interesante pois os estudos en Marte poderían aportar novos datos para axudarnos a coñecer mellor a Terra e como era ao principio. Ademáis, isto tamén podería axudar para saber se hoxe en día é probable a vida en Marte e se nun futuro os humanos poderemos vivir alí.

  3. Paréceme unha gran noticia, pois o feito de que puidera haber vida en Marte ten unha gran importancia. Pode axudar en futuras investigacións para saber se é posible a vida no planeta.

  4. albihas di:

    Na miña opinión esta noticia ten unha gran importancia xa que nos vai permitir coñecer mellor a Terra e o universo no seu principio. Por outra banda tamén nos axudará a saber se nun futuro os humanos poderemos facer vida en Marte.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s