NOVOS DATOS SOBRE O FUNCIONAMENTO DO CEREBRO DOS PSICÓPATAS

Este artigo baséase nos resultados da investigación realizada por Jean Decety, Laurie R. Skelly e Kent A. Kiehl, todos eles neurocientíficos da Universidade de Chicago e da Universidade de Novo México.

Os psicópatas caracterízanse por trasgedir as normas, non recoñecer ningunha autoridade e principalmente pola falta de empatía. As persoas que padecen este trastorno normalmente cometen delitos de forma repetitiva, xa que non aprenden da experiencia, teñen problemas de socialización e de comportamento e sobre todo non amosan afectividade interpersoal. Por estas razóns, os psicópatas fan dano aos demáis sen mostrar ningún arrepentimento, ningunha repercusión a nivel emocional.

En concreto, o estudo realizado trataba de coñecer mellor cal é o substrato neurolóxico no que se apoia a empatía, é dicir, a capacidade de sentir a dor allea.

A investigación levouse a cabo coa participación voluntaria de 80 presidiarios con idades entre os 18 e os 50 anos. Todos estes reclusos tiñan distintos graos de psicopatía (alto, medio e baixo).

O experimento consistía en amosarlles dúas series de imaxes e comprobar científicamente as súas reacións:

– Na primeira serie amosáronlle situacións violentas nas que varios individuos sufrían danos físicos a consecuencia de golpes causados intencionadamente por outras persoas. Unha das imaxes é a que inclúo a continuación:

imagen cmc

– Na segunda serie, as imaxes eran das expresións faciais de dor pero sen amosar o acto que as provocou.

As conclusións ás que chegaron os investigadores observando os resultados das resonancias magnéticas funcionais foron as seguintes: nos reclusos con maior grao de psicopatía, algunhas zonas do cerebro ( corteza prefrontal ventromedial, corteza orbitofrontal, a amígdala e a sustancia gris periacueductal) amosaban  unha menor actividade ca nos reclusos cun grao baixo deste transtorno. Ademáis, a actividade na corteza insular aumentaba. Esta zona do cerebro é en parte a responsable do comportamento, a valoración das consecuencias e a incorporación da aprendizaxe emocional cando se trata de decisións morais.

Estas conclusións poden ser dunha gran axuda á hora de encontrar unha medicación que axude a diminuír a falta de empatía. Hoxe en día, este trastorno só se pode axudar a corrixir con tratamento psicolóxico e coa rehabilitación, pero non existe ningún tratamento médico.

OPINIÓN PERSOAL: Na miña opinión a importancia deste artigo está na posibilidade de atopar, a apartir destes estudos, un medicamento que poida previr ou mellorar a psicopatía.

O feito de que os psicópatas non sintan ningún remordimento cando, por exemplo, cometen algún delito fai que a súa reinserción na sociedade sexa difícil. Aínda que sexan sometidos a tratamentos psicolóxicos, o porcentaxe de recuperación é moi baixo xa que para eles non existe o respeto aos demais nin as normas establecidas.

A pesar de que se destinan fondos ás investigacións no campo da Saúde Mental, estes non son suficientes xa que o cerebro humano segue sendo un gran descoñecido.

Fonte de información: http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/04/24/neurociencia/1366826865.html

Fonte orixinal:  http://archpsyc.jamanetwork.com/article.aspx?articleid=1681369

Revista JAMA Psychiatry (Nº 5, Vol. 70- Maio 2013)

Advertisements

About carlaiglesias

Student
Esta entrada foi publicada en Saúde. Ligazón permanente.

3 Responses to NOVOS DATOS SOBRE O FUNCIONAMENTO DO CEREBRO DOS PSICÓPATAS

  1. BEN, está ben explicado e localizas correctamente a fonte orixinal.

    >> Falta recuperar información adicional do artigo orixinal. Neste caso só temos acceso ao resumo, pero é bastante completo. Por exemplo indica como se establecen os distintos graos de psicopatía (poderías incluír algo disto)

    >> No teu comentario insistes no tema da medicación, o que parece ligarse á idea de que un problema complexo pode ter unha solución simple. Eu non poñería demasiadas expectativas niso.

    Ti quedaches coas palabras do psiquiatra que fai declaracións ao xornal cando di: “ayuda a conocer mejor el sustrato neurológico sobre el que se sustenta la empatía para, en un futuro, quizás poder diseñar medicación que corrija la falta de sensibilidad ante el dolor ajeno“. En realidade vai máis alá do que din os autores ao respecto:
    A better understanding of the neural responses to empathy-eliciting stimuli in psychopathy is necessary to inform intervention programs‘. É dicir, este coñecemento da resposta neuronal aos estímulos inductores de empatía é necesario para abordar programas de intervención” Que non teñen por que ser farmacolóxicos.

  2. Creo que esta investigación é importante porque podería axudar a entender mellor o problema da psicopatía e facer que os que a padecen melloren a súa vida se descubren un medicamento que poida remitir a psicopatía.

  3. albihas di:

    I think that it´s an important study because it allows us to know and to understand better the psychopathy. It would be well that one was discovered medically for the people that suffer the psychopathy and it helped them improve his quality of life.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s