Editando un artigo – CURSO 2013-2014

  • COMO ESCRIBIR TEXTO:  Se comezas a traballar  dende o editor rápido só tes unha liña de botóns de formato e accións,

pero se premes o da dereita de todo ( “Show/Hide kitchen sink”) tes unha unha segunda liña de comandos, polo que xa podes cambiar a cor do texto ou escoller certos estilos predeterminados de parágrafo.

  • Para  pegar imaxes, videos, sons, etc,  hai que premer o botón correspondente na liña Cargar/inserir.  Isto abre unha ventá para engadir ficheiros e leva a á galería onde gardas os arquivos cargados :

A foto ten un tamaño de 480 x 132. Dende o editor podes modificar o seu tamaño.   Preme na foto  e despraza un vértice,  nesa situación ves o tamaño en pixeles (pódese tamén comprobar o tamaño e  se escolles a pestana “HTML” en lugar da pestana “Visual”. Neste caso o tamaño de publicación é superior ao que tiña cando se cargou na galería do blog  (só tiña 300 pixeles de ancho, por iso ten pouca resolución).

  • Outra función importante é a e inserir e modificar ligazóns, fundamental para indicar  a procedencia da información. Como mínimo hai que poñer dúas ligazóns:

1) A correspondente á  noticia da que partes  (nun medio de comunicación xeralista ou de divulgación científica)

2) A do artigo científico orixinal, publicado nunha revista “peer reviewed” que debes localizar. Necesariamente ten que haber esta referencia técnica respaldando a noticia, en caso contrario o teu post non cumpre os requisitos deste blog.

  • Non esquezas indicar a que categoría pertence o teu post. Escolle no menú situado  á dereita. Podes marcar varias simultáneamente, en caso de que non atopes unha apropiada engade un comentario propoñendo algunha. En calquera caso hai que desmarcar a opción ‘Uncategorized’.
  • Podes engadir etiquetas, seleccionando entre as xa utilizadas ou escribindo outras. A menos que escribas en inglés (caso no que debes seleccionar a etiqueta ‘English’), a utilización de etiquetas é opcional.


Advertisements

About pedrinhaScientia

Administrador do blog e profesor da materia (Nicolás Lucas). Na foto, corvos mariños en Punta Corveira, cerca de Rinlo, Lugo.
Esta entrada foi publicada en Curso 2012-2013, Curso 2013-2014, Organización do curso, pedrinhaScientia [profe]. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s