O asteroide de 6 colas.

A aparición dun cometa de seis colas ten intrigada a gran parte da comunidade científica que trata de buscar unha explicación para este fenómeno.

O telescopio Hubble tomou esta semana as imaxes dun raro asteroide de 6 colas ó que se coñece como P/2013 P5. Nun principio considerouse que fose un cometa debido ao rastro que deixaba, pero os cometas están compostos por auga e xeo que se desfai coa calor do Sol deixando o rastro que se aprecia. Pola contra, a composición e a localización deste corpo fano máis similar a un asteroide.

Descartouse que este acontecemento sucedera pola colisión do asteroide con outro corpo xa que de ser así, deixaría unha gran masa de pó no espazo dunha soa vez e non tería cola.

Unha das explicacións que se baralla é que o asteroide absorba e reflicta a luz solar facendo que xire a gran veliocidade e debido á súa forma uniforme éste se vaia desfacendo, non continuamente, se non que se desfai en pequenas erupcións de pó. A aparición das seis colas pode ser causa de seis destas erupcións que ocorreron na mesma data.

O asteroide perdeu entre 0.04 e 0.24 km de radio nos últimos 5 meses e continúa debido á rotación do corpo.

 

Asteroide de seis colas

Imaxe tomada polo telescopio Hubble do asteroide recentemente descuberto.

Elixín esta nova porque me interesan os asuntos do universo en xeral e porque trata a aparición dun corpo nunca antes avistado e que conta cunha característica única no universo que é tan difícil de explicar.

Fonte:

La Vanguardia

Fonte orixinal:

The Astrophysical Journal Letters

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

7 Responses to O asteroide de 6 colas.

  1. Hai que traballar algo máis o post.
    1) A redacción do xornal La Vanguardia fixo razoablemente ben o seu traballo, citando a revista na que se publica o descubrimento,… pero ademáis inclúen o vínculo que vai directamente ao artigo orixinal!! Isto non é tan frecuente, como moito mándanche a páxina principal da revista en cuestión. Neste caso tíñalo dado e non o soubeches ver (o que indica que a túa lectura foi descoidada). Comprobarás que accedes só ao resumo do verdadeiro artigo orixinal.

    2) Así que unha vez máis, como xa vos advertira nas instruccións, propoñedes como fonte orixinal unha noticia aparecida na sección de novas dunha revista académica, onde escriben redactores da revista (nos os investigadores). Comentan os resultados das investigacións orixinais, ás veces publicado no mesmo número da revista; estes artigos explican ben o tema, son moi fiables, e ademáis permiten localizar con facilidade os auténticos artigos académicos orixinais
    >> Neste caso verás ao final, no apartado ‘References’ un vínculo ao artigo orixinal, tal como está aloxado no servidor de arxiv.org. Permiten incluso que descargues o pdf do artigo completo.
    Aclara no teu post cal é a fonte orixinal, indicando o seu título e insertando o vínculo.

    3) Como se dicía nas instruccións, non chega con localizar o artigo orixinal (que no teu caso estaba a 1 click). Tes que ler o resumo e indicar algunha información adicional que alí veña.

    4) As imaxes deben levar un pé que den información tanto do que se representa como da procedencia/autoría da propia imaxe. Neste caso esa información é importante: verás que no artigo en La Vanguardia viña unha dobre imaxe fotográfica. O artigo de Nature trae esta mesma imaxe coa indicación do día en que foi tomada cada foto; ademais hai outra imaxe (a que ti escolles) que é unha recreación, un debuxo (Artist’s impression by NASA, ESA, and A. Feild). Isto ten relevancia, e débese aclarar no pé de imaxe.

    5) Cando teñas os cambios feitos indícamo contestando a este comentario.

  2. Xa editei o artigo, engadínlle un pé de imaxe á foto (ademais de cambiala) e puxen ben a fonte orixinal, engadindo datos do resumo do artigo orixinal.

  3. Rubén Antelo di:

    El tema es muy interesante y curioso, y los datos de las fuentes estan bien cojidos y comentados, pero quiza al saber muy poco sobre ese “cometa” los detalles no son abundantes ni seguros por lo que no se puede comentar mucho.

  4. Non está mal pero está resumida a noticia en exceso, quedou algo curto de máis. Por outra parte, fas unha opinión tamén moi curta e na que opinas pouco da noticia e comentas, case exclusivamente, os teus gustos. Gustos que especificas pouco, xa que dis que che gusta o tema do universo, en xeral. Deberías especificar máis. Polo demáis esta ben. Un traballo sobre unha noticia realmente interesante. Parabéns Ismael!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s