O orixe da esquizofrenia

Gustavo Pacheco López, profesor investigador da Universidade Autónoma Metropolitana (UAM), explica que, a aparición da enfermidade da esquizofrenia na adolescencia, pode estar relacionada con procesos infecciosos sufridos pola nai durante os tres primeiros meses de embarazo.

Os factores que determinan a creación da esquizofrenia son factores ambientais como a mala nutrición ou infeccións virales, esto afecta ó feto.

Hai outras causas do desenrolo da esquizofrenia, isto ocorre con catro xenes  (LAMA2DPYDTRRAP e VPS39), nos que debido a investigacións comprobouse que a esquizofrenia non provén só das enfermidades que obtivo ou obtén a nai durante o embarazo, senón que ás veces os factores que desenrolan esta enfermidade nun futuro aparecen de por sí no feto, sen ser transmitidas ou herdadas polos seus parentes.

Image

http://rasca-cielos.blogspot.com.es/2010/11/de-orejas-y-fetos.html

Durante o primeiro trimestre da vida intrauterina, comeza o desenrolo do sistema nervioso central do feto. Se neste período ocorre unha infeccion viral e as moléculas do sistema imunolóxico da nai cruzan a placenta, esto dará lugar a estrés psicolóxico e inmunolóxico na pubertade- adolescencia.

Non só aparecen mutacións da esquizofrenia tamén do autismo e do síndrome de Asperger.

Esta enfermidade aparece durante a adolescencia e nos primeiros anos da etapa adulta, as mutacións descubertas non son hereditarias e afectan a xenes que están máis expresados durante os primeiros meses da xestación do feto. Os pacientes con estas determinadas mutacións sufriron máis ansiedade e fobias durante a súa infancia, centos de mutacións espontáneas elevan o risco dunha persoa de sufrir esquizofrenia. Esto pode resultar pouco estimulante, pero estos descubrimentos axúdannos a comprender cómo estas alteracións afectan ós mesmo circuítos neuronales, incluso durante a primeira etapa do desenrolo fetal. Moitos científicos identificaron catro xenes (LAMA2, DPYD, TRRAP e VPS39) responsables de moitos de estos erros xenéticos e, polo tanto, do risco a desenrolar esquizofrenia.

Image

http://hombre.starmedia.com/salud/que-esquizofrenia.html

Moitos destes investigamentos débense ó Intituto Federal Suízo de Tecnoloxía (ETH), Zúrich, Suíza que foron presentados no IV Congreso Iberoamericano de Neuroinmunomodulación e I Congreso Nacional NeuroInmunoEndocrinoloxía. Este Congreso realizado por primeira vez en México agrupou a investigadores da Sociedade Internacional de Neuroinmunomodulación (ISNIM) e da Sociedade Mexicana en Neuroinmunoendocrinoloxía.

Son sociedades científicas inteerdisciplinarias que vinculan os sistemas endócrino, inmune, nervioso, dende unha perspectiva integral a fin de obter aproximacións ós estadios de saúde e enfermidade do ser humano.

Os datos atopados foron no “El Universal, Ciencia” son bastante fiables, xa que completando con máis información, todo se resume no mesmo tema e conclusións.

Fonte orixinal:

http://www.nature.com/ng/journal/v44/n12/full/ng.2446.html

Outras fontes empregadas:

http://asp.cumc.columbia.edu/facdb/profile_list.asp?uni=mk2758&DepAffil=NYSPI

http://www.eluniversal.com.mx/ciencia/2013/infecciones-embarzo-esquizofrenia-bebe-81273.html

– http://mexico.cnn.com/salud/2012/10/04/la-exposicion-al-ambiente-durante-el-embarazo-un-factor-de-esquizofrenia

OPINIÓN PERSOAL:

Na miña opinión, estas investigacións son moi importantes e deberíase seguir adiante con elas, moitas enfermidades humanas seguen sen solución, como por exemplo, o Alzheimer, a SIDA…

É importante saber que a esquizofrenia é algo que non é hereditario, pero si depende duns factores anteriores, como ben se di no texto, depende das enfermidades que tivera a nai anteriormente ou nese período. A esquizofrenia comeza a manifestarse durante a adolescencia, na que comezan os cambios xenéticos, hormonais; hai un cambio á vida adulta, prodúcense estreses e agobios de todo tipo que leva a desenrolarse cada vez mais forte esta enfermidade, provocando graves problemas nunha persoa. Debemos ter en conta esta información e axudar a este tipo de persoas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética, Curso 2013-2014. Ligazón permanente.

7 Responses to O orixe da esquizofrenia

  1. 1aelgahe di:

    Pareceume un artigo moi interesante, xa que moitas veces no estudo de certas enfermidades non se ten en conta o período embrionario e, o fin e o cabo é onde nos formamos e vai ter gran importancia.

  2. 1) O que ti indicas como “fonte orixinal” é o artigo xornalístico de partida, igual que o que designas como “outras fontes”. En realidade trátase da mesma noticia de axencia publicada en distintos medios mexicanos con motivo da celebración dun congreso no país. Por isto entrevistan a un especialista local, da Universidade Autónoma de México, que non é autor dun artigo académico de referencia para a noticia (relación infección durante a xestación coa aparición posterior de esquizofrenia.

    2) Tes que confirmar a fiabilidade localizando e comentando algunha fonte orixinal (vale 4 puntos!)
    >> No teu enlace da CNN tes unha referencia clarísima (“cuyos resultados fueron publicados este jueves por la revista científica británica Nature Genetics.” + “dijo Karayiorgou, autora principal del artículo”). Ala!, xa tes nome de revista e da autora, asi que localiza o artigo e le o resumo, trátase do artigo no que identifican os catro xenes. Nel falan (xa o comprobas polo título) da importancia das “Mutacións xenéticas novas”, é dicir, as que non foron herdadas dos pais e que aparecen en etapas iniciais da vida fetal.

    >> Para documentar cun artigo académico recente o papel concreto das infeccións virais, podes facer unha simple busca en Google (schizophrenia + virus) e atoparás nun portal de divulgación científica o artigo ‘Virus and genes involved in causation of schizophrenia’, que inclúe o nome da revista e dun autor do artigo orixinal (Molecular Psychiatry, Børglum). Trátase dunha revista do grupo Nature, e os autores din no resumo: ‘we present the first genome-wide interaction survey of single nucleotide polymorphisms (SNPs) and maternal cytomegalovirus (CMV) infection’

    Como ves, parte do teu problema está en que nalgún momento a busca da fonte orixinal débese facer en inglés. En todo caso e con toda esta información, reescribe a parte correspondente á fonte orixinal, e inclúe algún vínculo.

    4) Indica nun pé a procedencia da imaxe,
    5) Redacta un parágrafo de opinión persoal, e
    6) Clasifica o teu artigo escollendo unha CATEGORIA

    • monterolopezyolanda di:

      Xa está correxido, cando me indicas que busque na fonte orixinal, non sei, se a que atopei é a correcta, xa que me costou bastante atopala.

      • Sí, a que indicas é a fonte correcta.

        > Fíxate que o título do artigo comexa así: ‘De novo gene mutations…’ Isto quere dicir mutacións novas que apareceron nun individuo, é dicir, que non herdou dous pais. Pero unha vez que as tes, pódelas transmitir aos teus fillos (son herdables, pero non as herdaches).
        -Isto queda claro no teu parágrafo antes da primeira foto (aparecen de por sí no feto, sen ser transmitidas ou herdadas polos seus parentes)
        -pero é dubidosa a redacción do parágrafo antes da segunda foto “as mutacións descubertas non son hereditarias”

  3. Muy interesante la noticia, y la has empleado bien, aunque se vea un poco desordenado. Se demuestra que una madre tiene que curarse durante su embarazo, porque es el hijo quien sufre las consecuencias. A veces una enfermedad se puede curar con un simple gesto de salud.

  4. Pareceme moi interesante a noticia que escolliches, porque como ben comentas ás veces con que a nai teña un pouco de coidado durante o seu embarazo pódese reducir notablemente os riscos de que o feto padeza unha enfermidade. Poderíache quedar mellor o blog se intentas poñer menos separación entre os parágrafos. Polo demais paréceme que está todo correcto. Un saúdo Yolanda!

  5. davidboo17 di:

    Este artigo comparte información moi importante sobre unha enfermidade bastante grave. Sabendo isto podemos intentar evitar todo o dito no artigo no primeiro trimestre do embarazo. O artigo en sí pareceme moi ben estruturado e as fotos moi ilustrativas. Pola miña parte bo traballo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s