A maior parte do meteorito impactado en Rusia aínda está no espazo

O meteorito que impactou en Chelyabinsk (Rusia), en febreiro de 2013, foi o de maior intensidade dende o que impactou en Siberia no 1908. O do 2013 puido ser grabado por moitos telescopios e videoafeccionados co que foi unha gran axuda para os investigadores.

Imaxe

Imaxe dun videoafeccionado do meteorito

Varias equipas que investigaron este fenómeno poideron saber, grazas aos restos atopados nun lago próximo Chelyabinsk, que o meteorito é unha condrita, o máis común que existe. Tamén lograron medir a intensidade do impacto, equivalente a 500.000* toneladas de TNT  e que a súa velocidade de entrada na atmosfera foi de 19 km/s con unha masa de 12.000-13.000 toneladas. Cando estaba entre os 45 e 30 km da terra comezou a desfacerse, e aos 27 km (29,7 no periodico) rebentou, alcanzando o sue maior brillo.

Atopáronse miles de trozos de meteorito na zona, o máis grande que se atopou foi de 600 kg (650 no periódico) atopado no lago Chebarkul.A onda expansiva afectou pobos até a 90 km no mesmo sentido da traxectoria.

Imaxe

Buraco deixdo polo meteorito no lago Chebarkul

Antes de impactar coa Terra, osinvestigadores atoparon a óbita deste meteorito era similar á doutro coécido como 86039, observado en 1999, da que se separou fai 1.2 millóns de anos por culpa dun impacto. Moi dificilmente isto é unha coincidencia co que seguramente pertencían a un mesmo obxecto. Isto quere dicir que a maior parte do asteroide aínda está no espacio, nun entre todos os asteroides que rodean a Terra.

É unha noticia importante xa que nos alerta sobre o que pode pasar se non intentamos solucionar esto. Se un pequeno trozo de meteorito pode causar tantos danos que pasaría se fora un enteiro o que se dirixira á Terra. Por sorte, por uns anos ningún asteroide grande impactará nuns centos de anos, pero deberíase buscar algo para minimizar os danos.

FONTES:

ABC.es

FONTES ORIXINAIS:

Cornell University Librery

Nature (P. G. Brown)

Nature (J. Borovicka)

Science (Olga P. Popova)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas coas etiquetas . Ligazón permanente.

3 Responses to A maior parte do meteorito impactado en Rusia aínda está no espazo

  1. 1) Una vez máis, como xa vos advertira nas instruccións, propoñedes como fonte orixinal unha noticia aparecida nunha revista académica na que se da conta dos resultados das investigacións orixinais. Estes artigos explican ben o tema e son moi fiables, ademáis permiten localizar con facilidade os auténticos artigos académicos orixinais (neste caso tres artigos publicados na primeira semana de novembro, 2 en Nature e outro en Science). Aclara no teu post cales son as fontes orixinais: pon o título de cada unha e insértalle o seu correspondente vínculo.

    Curiosamente non te chama a atención a idea que destaca autor en Nature: a subestimación do risco de impacto [Risk of massive asteroid strike underestimated], senón outro aspecto relacionado, que tamén fora noticia en Nature (pero no mes de agosto ‘Russian meteor may have gangmates in tow’). Por esta razón, se temos en conta o que destacas no teu titular, a auténtica fonte orixinal do teu artigo estaría aquí.

    2) Edita as imaxes, e no campo “lenda” introduce un texto que será o pé da imaxe.

  2. Xa foi modificado o artigo.
    Modifiquei as fontes e púxenlle as lendas ás imaxes

  3. Sergio Rocha Rouco di:

    Me parece un artículo muy interesante ya que demuestra que la observación del espacio es algo importante solo por el hecho de poder predecir cuando uno de estos meteoritos se puede aproximar a la tierra ya que dependiendo de las características de este y la zona donde caiga puede llegar a causar grandes daños. Además, la puntualización de los datos de la noticia con respecto a los de la fuente original, el buen resumen y la redacción hacen que sea un gran trabajo. ¡Enhorabuena Iván!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s