Impresoras 3D na saúde

O uso das impresoras 3D na mediciña é real. Ata agora só se empregaron para a creación de prótesis sólidas a medida pero a ciencia pretende ir máis alá.

prótesis elaborada cunha impresora 3D

Universidade de Michigan xunto aos médicos do hospital infantil Akron xa empregaron estas impresoras para crear un fragmento de tráquea para un recén nacido, o cal sufría problemas respiratorios. Este fragmento, de policaprolactona, sería absorvido polo corpo despois de tres anos, dándolle tempo a tráquea real a formarse. Publicaron este feito en The New England Journal of Medicine.

fragmento de tráquea artificial

O reto hoxe en día consiste en formar pezas vivas, ou polo menos que non sexan elementos extraños para o corpo, a partir das impresoras 3D. No caso das prótesis, pénsase que chegaría con facer as pezas en titanio de maneira porosa, podendo así o texido vivo medrar nestes poros.

De forma experimental crear texido vivo xa é posible, un equipo da Universidade de Cornell (Nova York) anunciou este febreiro a creación dun pabellón auditivo artificial a partir dunha impresora 3D. Os investigadores fixeron o molde da orella coa impresora e o encheron con coláxeno, posteriormente colonizado por células do cartílago. Confírmase que poderán comezar a empregalo en humanos no ano 2016.

implantes de nariz e orella

Anthony Atala, director do Wake Forest Institute For Regenerative Medicine de Winston-Salem (Carolina do Norte, EE UU), dirixe un equipo de investigación orientado á creación de fígados e riñóns con células vivas nas impresoras 3D. Enfóntanse á dificultade de imprimir as células de maneira que se unan formando láminas e tubos. Xa presentou en público algún dos seus pseudorriñóns, todavía lexos de ser funcional e o seu uso clínico. Sen embargo, a empresa Organovo anunciou a elaboración de diminutos microfígados o pasado mes de abril. Un dos grandes avances de este traballo foi o conseguir que células diferentes se unisen creando as diferentes estruturas do riñón.

Paralelamente, as investigacións do desarroio de células nai avanza pisandolle os talóns o da impresora 3D, o investigador xaponés Takanori Takebe conseguiu crear microfígados máis efectivos que os feitos por impresora 3D a partir dun cultivo de simples células da pel reprogramadas.

Microfígados creados por Takanori

OPINIÓN PERSOAL

Os avances no ámbito das impresoras 3D na saúde, poden levar a grandes beneficios para todos nos. En lugar de ter que esperar por un transplante, so teríamos que esperar a que o órgano se forme de maneira que se adapte perfectamente no noso organismo. Poder crear organos complexos como corazóns ou riñóns suporía poder salvar moitas vidas. Inda que polo momento esto esté baixo estudo, o desenvolvemento das impresoras 3D avanza tamén moi velozmente, cada día hai un novo descubremento neste campo. Esto lévame a pensar que en non moitos anos o sistema médico cambiará para mellor nas próximas décadas. 

Pola outra banda, a maior popularidade das impresoras 3D pode levar á creación de novos perigos, como son as armas que os antimetais non detectan.

FONTES ÚTILES

artigo no periódico:  http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/11/12/actualidad/1384289478_726164.html

Organovo: http://www.organovo.com/

Wake Forest Institute for Medicine: http://www.wakehealth.edu/WFIRM/

(Este artigo está formado de varias fontes, publicadas ao longo deste pasado ano. É como unha especie de resumo de todos os avances neste tema ao longo do ano)

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

5 Responses to Impresoras 3D na saúde

  1. Fas un MOI BO resumo da cuestión, pero deberas incluír algunhas das FONTES ORIXINAIS citadas, o que ademais permitiría localizar a verdadeira procedencia dalgunhas imaxes. Por exemplo:

    – Para o artigo da tráquea en The New England Journal of Medicine non tes perdón: o artigo de El País trae o vínculo directo ao artigo en cuestión. Así podes comprobar que esa é a procedencia das imaxes da tráquea. Incluso podes conseguir unha imaxe en Flash mellor aqui.

    – Os artigos en PLOS One tampouco son tan dificiles de localizar se usas o buscador da propia revista (pese a que utiliza o tecnicismo ‘auricles’ en lugar do máis común ‘ears’). Están en aberto, así que pódelos ver completos e curiosear cómo constrúen o molde a partir das imaxes dixitais en 3D.

    – A artigo en Nature de Takanori é moi famoso e deberas incluír o vínculo. precisa suscrición, pero temos acceso a algún material suplementario, con imaxes e incluso a pequenos vídeos.

    – Os vínculos que sí inclúes quedan algo así como marketing, non é que non resulten interesantes,… pero podíase sacar algo deles. No web de Wake Forest gustoume o vídeo ‘Engineering Tiny Livers in the Lab”, pero non fun quen de conseguir un acceso directo ou un código para incrustar (está incluído no vídeo que recomendo a continuación) . Pero localicei o vídeo dunha conferencia de ‘TED Talks‘ moi interesante, onde un dos investigadores de Wake Forest explica estas tecnoloxías. É algo longo (17 min) pero compensa, empeza coas impresoras 3D a partir do min 7:30. [Anthony Atala: imprimiendo un riñón humano] Son orixinal en inglés, subtitulos en español, tamén dispós da transcrición inglesa.

    >> En fín, coloca os pés de imaxe tal como vos expliquei, e inclúe os vinculos aos artigos académicos.
    >> Clasifica o teu post na CATEGORÍA correspondente

  2. Daniel Pazo di:

    Pareceme moi interesante a noticia que escolliches. Con respecto a tua opinión estou totalmente de acordo xa que non se necesitarian doantes, ademais coa impresora non importa o grupo sanguíneo que se teña, que isto tamen era un gran problema a hora de ser receptor.Noraboa!

  3. Pareceme un moi bo artigo porque creo que fixeches un bo resumo da noticia. Por outra parte o artigo que escolliches é tamen moi interesante. Nun futuro sería un gran logro poder crear órganos a partir dunha impresora 3D porque ás listas de espera que hai para recibir un órgano son moi longas e tamén porque non nos teríamos que preocupar por saber se o órgano é compatible ou non co paciente. O que comentas ó final sobre ás células nai tamen é algo moi interesante porque a maioria das persoas creo que só coñecíamos ese tipo de creación de órganos. Un saúdo!

  4. Sergio Rocha Rouco di:

    El hecho de que las impresoras 3D se apliquen a la medicina supone un avance considerable. Esto puede llegar a beneficiar a muchas personas con diferentes discapacidades, y hacer que su vida mejore. Además no solo se producen prótesis artificiales, si no que también se puede llegar a crear tejido vivo, lo cual me parece muy interesante. Y la posibilidad de crear órganos a partir de células madre, con la ayuda de estas impresoras, me parece increíble, ya que se obtienen las mismas ventajas que tienen el simple uso de las impresoras, restándole el inconveniente de la posible incompatibilidad con el paciente. Por todo esto me parece un artículo muy interesante, además de haber hecho un gran resumen de la noticia y haberlo redactado de una manera muy clara. En definitiva, gran trabajo.

  5. Me ha encantado el artículo, ya que llevo mucho tiempo viendo noticias relacionadas con el tema y poder leer un resumen es mucho mejor, Algo que vi en otras noticias relacionadas con el mismo tema que aquí no dice es que las prótesis creadas con impresoras 3D son mucho más baratas que las que se hacen actualmente, y en lugares como Estados Unidos donde la sanidad no es pública o en muchos otros sitios en los que los trasplantes no pueden ser costeados por el paciente o por su familia, esta investigación haría posible que el paciente obtuviese su prótesis a un precio totalmente asequible, por ello se debe seguir investigando ya que es un fenómeno positivo en muchísimos aspectos, desde económicos hasta mayor eficiencia. Muy buen artículo y un tema muy bien escogido.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s