2013, dos anos máis quentes.

A temperatura da Terra aumenta cada ano, isto xa se sabía dende fai uns anos, pero a NASA confirmou este feito analizando as temperaturas que acadou o noso planeta dende que existen os primeiros datos gardados, que datan de 1880. O 2013 foi o séptimo ano máis caluroso dende esta data, empatado co 2009 e co 2006.

Imaxe

Gráficas sobre a temperatura da Terra e as tendencias en relación aos anos.

Os 9 anos máis calurosos que se rexistraron nos últimos 134 anos foron a partir do ano 2000, isto debese ao aumento das emisións de dióxido de carbono, que ainda que se produce de forma natural, os humanos aumentamos moito o nivel deste gas na atmosfera debido ao excesivo uso de combustibles fósiles que hoxe en día se fai. A cantidade de CO2 que se atopa na atmosfera pasou das 285 partes por millón rexistradas en 1880 ás máis de 400 medidas o ano pasado, maior que en calquera momento dos últimos 800.000 anos. Este aumento de dióxido de carbono reflíctese na temperatura media do planeta que foi no 2013 0.6 ºC máis alto que a liña base de mediados do século XX. A temperatura do planeta aumentou en 0.8 ºC dende o 1880. Os expertos afirman que cada ano será máis cálido que o anterior, pode haber algunha variación pero verase ó final de cada década un aumento de temperatura con respecto á anterior. O análise feito polo GISS (Goddard Institute for Space Studies) que recompila datos de máis de 1000 estacións meteorolóxicas e de satélites que miden a temperatura da superficie do mar e compara estos datos coa temperatura media entre 1951 e 1980, fai 38 anos que un ano  non baixa da media dese período de tempo.

Na miña opinión o quentamento global é un problema que debería tomarse máis en serio do que realmente se toma, os datos que a NASA proporciona son arrepiantes, o aumento da temperatura do planeta é un feito, e deberíase concienciar a xente para que se reduza a emisión de gases de efecto invernadoiro, pero non só e traballo da poboación, os gobernos do mundo deberían levar a cabo máis medidas das que toman hoxe en día xa que é un problema que nos afecta a todo e o cal, a longo prazo podería rematar coa Terra tal e como a coñecemos e cos seres que a habitamos.

Fonte orixinal: NASA

Artigo de divulgación: La vanguardia

Advertisements
Aparte | Estas entrada foi publicada en Medio Ambiente, Ecoloxía, Uncategorized coas etiquetas , . Ligazón permanente.

2 Responses to 2013, dos anos máis quentes.

  1. Ben,
    pero podías afinar máis coa fonte orixinal da NASA. A que ti indicas no teu enlace é unha nota de prensa ‘NASA Finds 2013 Sustained Long-Term Climate Warming Trend’, é dicir, “a NASA atopa…) Se vas á sección de cambio climático da NASA podes localizar o artigo de referencia, dese mesmo día (Long-term global warming trend sustained in 2013). Citar esto sería máis adecuado; e todavía mellor se vas á parte inferior do artigo e, baixo o apartado ‘Related links’, vas a un pdf cos datos.

  2. Moi bo artigo Ismael. Os datos, como dis ti, son arrepiantes. Comparto totalmente a tua opinion. Ben resumido e ben redactado un gran artigo. Parabéns Ismael

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s