Cada vez máis preto da fusión nuclear

hohlraum-caixa metálica que alcanza temperaturas moi baixas para facilitar a fusión nuclear, que se leva a cabo no seu interior.

hohlraum-caixa metálica que alcanza temperaturas moi baixas para facilitar a fusión nuclear, que se leva a cabo no seu interior.

Ata agora nas centráis nucleares rompíanse os núcleos de átomos pesados, o cal libera gran cantidade de enerxía. Este é o proceso de fisión nuclear, sen embargo xera gran cantidade de resíduos radioactivos. Sen embargo a fusión nuclear produce moita máis enerxía e non produce ningún tipo de residuos. A fusión inda non é viable na actualidade, pois para que se produza os átomos teñen que estar moi próximos, para o cal se precisaba moita enerxía. Ademáis non había maneira de controlar esta reacción pola gran cantidade de enerxía producida.

Científicos do National Ignition Facility (NIF) de Estados Unidos desenvolveron unha maneira de  realizar este proceso de maneira rentable enerxeticamente e de forma controlable. O sistema consiste en introducir os átomos, principalmente núcleos de hidróxeno, nunhas cápsulas que son comprimidas mediante lásers ata producir a implosión, producindo enerxía recuperable. O proceso lévase a cabo nunha especie de caixa chamada hohlraum, que alcanza temperaturas moi baixas para facilitar a fusión. Polo momento a ganancia enerxética é só dun 1% pero se pode considerar un gran avance, xa que desarroiando o sistema se poden obter porcentaxes maiores, de maneira que sexa máis rentable.

O proceso está máis amplamente explicado no sitio web do Laboratorio Nacional Lawrence Livermore:

Lawrence Livermore National Laboratory-nuclear fusion

A continuación móstrase un vídeo que explica o funcinamento do hohlraum e fusión nuclear:

 

Na miña opinión este tipo de avances tecnolóxicos pode ser a maneira de cambiar as cousas no mundo,  poderíase producir enerxía suficiente para cubrir as necesidades de todo o mundo, ademáis non produce residuos. A enerxía producida sería limpa, o que axudaría a reducir o impacto climático. Penso que sería moi favorable para toda a humanidade, xa que todos os países poderían levalo a cabo, xa que non depende da cantidade de xacementos de combustibles fósiles que teñan. Podería supoñer unha redución dos conflictos bélicos producidos polo dominio dos recursos fósiles.

Seguir avanzando no desarroio da enerxía de fusión nuclear pode levar a grandes avances, tanto socioeconómicos como medioambientais e enerxéticos.

Fonte: sitio web do periódico El País

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Curso 2013-2014, Fisica, Medio Ambiente, Ecoloxía. Ligazón permanente.

7 Responses to Cada vez máis preto da fusión nuclear

  1. > Os teus vínculos están rotos, asegúrate de que funcionen.
    > Falta localizar unha fonte académica e comentar información que alí veña (son 3 puntos sobre 10). Non se pode vaguear tanto:
    >> O artigo de El Pais trae un vínculo a un artigo de Nature, que está na sección Nature News ( é dicir, non vale como referencia académica), pero que se refire ao verdadeira fonte orixinal.
    >> Pon o link a esta fonte. Tes o resumo e tamén figuras en baixa resolución. Tecleando o título en Google verás que accedes ao artigo completo en pdf. Saca algo de aí!
    > Modifica o teu perfíl para que se vexa o teu nome na autoría, en lugar de “1aelgahe”

  2. Bo traballo! Que se chegara a realizar a fusión nuclear a unos niveles rentables para o consumo a grande escala sería un enorme avance xa que como non produce residuos, contribuiriase a manter limpo o medio ambiente e tamén paliarianse os problemas cos combustibles fósiles. Como ben dis esto podería ser rentable para un gran número de países xa que non sería necesario ter combustibles fósiles, ainda que supondría un gran investimento económico para os que queiran implantar este sistema enerxético.

  3. Sergio Millán Remesar di:

    Creo que esto podría ser una revolución en el campo de la energía, y no solo en la energía, si miramos años atrás podremos observar que tanto la primera como la segunda revolución industrial están precedidas por un cambio en la producción de energía y esto podría suponer que en este caso también sucediera, pero claro, solo estoy suponiendo. En todo caso este tema es muy importante porque tratas dos grandes problemas del mundo actual, la obtención de energía y la contaminación y además de ser posible también crearía nuevos puestos de trabajo.

  4. O avance da fusión nuclear resultaría máis mportante na acualidade que anos atrás se falamos dende un punto de vista con respecto ao medioambiente xa que agora mesmo, temos moitísima máis contaminación ambiental que hai uns anos. Este tipo de avances resultan moi favorables xa que nos axudaría a reducir a contaminación que todos producimos e a ter un mellor entorno. É unha mellora favorable en todos os aspectos polo que me parece unha gran noticia incluido o vídeo adxunto. Bo traballo!

  5. Moi boa noticia e alentadora información a que aporta, gústame moito o tema porque a verdade e que actualmente parece que aínda non somos conscientes da cantidade de contaminación que estamos botando tanto no mar, na atmósfera, e na terra. Estase a acumular o problema en vez de afrontalo, e a fusión nuclear sería unha nova fonte de enerxía que non tería absolutamente ningún residuo, que é xustamente o que precisamos, por iso espero que ese 1% pronto sexa moito máis rentable. Ben resumido e explicado.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s