Os gatos perciben a luz ultravioleta

Resumo da noticia:

A luz ultravioleta ten unha frecuencia tan alta que os humanos non a podemos captar, é dicir, atópase fóra do espectro visible, que vai do vermello o violeta.

A percepcion de luz ultravioleta é unha característica moi común en aves, peixes e réptiles, pero non o é tanto en mamíferos. Só nalgunhas clases de ratos, marsupiais, murciélagos e nos renos se coñecía ésta característica. Ésta capacidade está restrinxida a animais que teñen un pigmento visual máximo por debaixo de 400 nm. A pesar de esto tamen hai animais que non teñen un pigmento con esa capacidade pero posúen medios oculares para transmitir esa lonxitude de onda. Os gatos, os cans, os furóns, os ourizos e os ocapís atópanse neste último grupo polo que sí que son capaces de percibir a luz ultravioleta.

Representación 3D da visión dun gato

O experimento levouse a cabo con ollos de 38 especies de mamíferos de 25 familias diferentes. As lonxitudes de onda das diferentes especies eran moi diferentes. As que captaban lonxitudes de onda cortas son especializaran a retina para ter unha alta resolución espacial e un número alto de conos, é dicir, os que eliminan a percepción de raios UVA teñen unha maior agudeza visual. Pola contra, como os mencionados antes, transmiten grandes cantidades de raios UVA o que quere dicir que van ser sensibles a estes raios, a pesar de non ter un pigmento visual específico.

Opinión:

Este descubrimento carece de importancia directa para os humanos, pero permítenos coñecer mellor o comportamento dos nosos animais de compañía. Antes, non sabíamos o que lle pasaba nalgunhas situacions ao noso can can ou ao noso gato; pero, agora, podemos entender que o animal percibiu algo que nos non vimos.

Escollin a noticia porque me pareceu interesante que, animais cos que vivimos, poidan ver cousas diferentes ás que podemos ver nos.

Fontes da noticia:

-Fonte orixinal

-Xornal

Advertisements
Aparte | Esta entrada foi publicada en Curso 2013-2014. Ligazón permanente.

4 Responses to Os gatos perciben a luz ultravioleta

  1. alexrouco358 di:

    Paréceme unha noticia moi interesante xa que, como ben di Iván, esta noticia permítenos coñecer mellor animais cos que vivimos día a día. Estas noticias non soen aparecer nos medios de comunicación a pesar do seu enorme interese social e, na miña opinión, deberíamos aprender máis sobre as nosas mascotas e animais cercanos.
    Un saúdo.

  2. María Espiño Albela di:

    Esta non é unha noticia que proporcione un descubrimento para a vida directa dos humanos, pero si para saber como se comportan os animais cós que convivimos. Non é a típica noticia de mediciña ou o universo, esta pode facer que consigamos entender comportamentos das nosas mascotas. O simple feito de que poidan ver cousas que nós non podemos xa nos crea unha gran diferenza.
    Penso que esta noticia é moi interesante e que se debería ter este interés de coñecer as nosas mascotas para poder comprendelas meior.

  3. Localizas correctamente a fonte orixinal, e como o artigo de ABC non explica gran cousa dos detalles técnicos, vexo que intentas extraer esa información do resumo do artigo de Proceedings. Pero faste algo de lío,… entre a física, a fisiololoxía e o inglés!!

    – “A percepcion de luz ultravioleta (…) está restrinxida a animais que teñen un pigmento visual máximo por debaixo de 400 nm [Although ultraviolet (UV) sensitivity is widespread among animals it is considered rare in mammals, being restricted to the few species that have a visual pigment maximally sensitive (λmax) below 400 nm.]. En realidade o que quere dicir é o seguinte: considerábase que a sensibilidade ao ultavioleta en mamíferos estaba restrinxida a aqueles animais que teñan algún pigmento visual cun máximo de sensibilidade (un pico de absorción) por debaixo dos 400 nm.

    – O peor explicado está a continuación: “A pesar de esto tamen hai animais que non teñen un pigmento con esa capacidade pero posúen medios oculares para transmitir esa lonxitude de onda (…)polo que sí que son capaces de percibir a luz ultravioleta” A dificultade de entender isto está no que omites: [even animals without such a pigment will be UV-sensitive if they have ocular media that transmit these wavelengths, as all visual pigments absorb significant amounts of UV if the energy level is sufficient]. É dicir, tódolos os pigmentos visuais poden absorber parcialmente o ultravioleta, pese a que non teñan o máximo de absorción nesta rexión do espectro (por debaixo dos 400 nm). Observa esta gráfica do artigo orixinal: cada un dos tres pigmentos visuais dos furóns absorben como mínimo o 10% das radiacións UVA (320 a 400 nm)

    – Parece que tampoco entendes moi ben isto “pero posúen medios oculares para transmitir esa lonxitude de onda” [if they have ocular media that transmit these wavelengths]. Resulta máis comprensible se traduces correctamente: medios oculares que transmitan … Que son os “medios oculares”? as partes do ollo transparentes que permiten a chegada da luz á retina: córnea > humor acuoso > cristalino > humor vítreo.

    – Por certo, non entendía que era a retícula na imaxe que insertas, até que fun a páxina da que procedía: son as raias do pavimento da praza de Vendôme, en París. Podias poñer no pé de imaxe un link á noticia, ou directamente ao proxecto “All Eyes on Paris.”

    Engadín a categoría “Fisioloxía” para encaixar artigos desta temática.

  4. Álvaro Peón di:

    Noraboa Iván ,moi bo traballo e ben escollida a noticia porque é moi interesante todo o relacionado cos nosos animais de compañía e como ti dis, entender algúns dos seus comportamentos dado que ven cousas que nós non vemos.
    Un saúdo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s