Despertarán o caos ?

No ano 2000 un grupo de investigadores encontrou baixo o xeo de Siberia o virus mais grande da historia, Pithovirus sibericum, permaneceu 30000 anos escondido a uns 30 metros de profundidade sen ter ningun contacto coa luz e o osíxeno, e aínda así o seu marerial xenético mantivose en perfecto estado.

pithovirus-particles

Podemos ver o Phitovirus no interior dunha ameba ( vemos o virus enteiro e so un trozo da ameba)

Para poder atrapalo os investigadores usaron amebas vivas, que puxeron a medrar coas mostras de ‘permafrost’. A maioría das veces non ocurría nada, pero nunha ocasión as amebas comezaron a morrer sen razón aparente. Ao analizalas descubriron o virus, o mais grande achado hasta ahora e o mais antigo que foi resucitado.

A suas raras características converteno nunha nova familia e especie de virus xigante.

Hasta ahora o Pandoravirus era o mais grande, cun tamaño de 1 micra de lonxitude ( no artigo orixinal non menciona que mida 0,5 micras de diametro), pero co descubrimento do Phitovirus que mide 1,5 micras queda desbancado o Pandoravirus.

Este novo virus tamen podría estar relacionado coa morte dos últimos Neandertais atopados en Rusia.

Estan estudando ao virus para comprobar se e un patóxeno ou un virus que non ofrece riscos para a humanidade.

Para min este descubrimento pareceme moi importante xa que pode axudar a entender mellor a orixe da vida e a evolución dos virus. Apar de que e moi intrigante como se conservou o virus tantos anos a modo de estar nun conxelador.

Fonte:

http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/04/5315e1cfca4741bb748b4573.html

Fonte orixinal:

http://www.pnas.org/content/early/2014/02/26/1320670111.abstract

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Bioloxía celular, Biotecnoloxía, Xenética. Ligazón permanente.

3 Responses to Despertarán o caos ?

  1. A pesar de que ultimamente se fala moito sobre o quentamento global e os riscos que este supón para nós, non somos aínda conscientes das graves ameazas que pode traer. Un exemplo bastante claro é o que aparece nesta noticia. Como indica a fonte orixinal, no caso de desconxelárense as rexións dos círculos polares poderíanse atopar novos virus que nos afectasen a nós ou a outros animais. Creo que se debería ter en conta para as futuras investigacións en zonas similares, pois se se chegasen a expandir virus coma este poderían ser moi perigosos para a humanidade.
    Por outra parte, o feito de que este virus poida estar relacionado coa extinción dos Neandertais é moi interesante, pois axudaríanos a coñecer mellor a evolución.

  2. BEN, penso que logras explicar claramenet o fundamental da noticia.
    > “Hachado” no parágrafo dous, sería galego se no levara hache; “allazgo” no parágrafo final, sería castelán cunha hache diante.

    Repito aquí algúns comentarios feitos a David sobre este mesmo tema:
    > A imaxe que insertas corresponde efectivamente ao virus recén descuberto tal como se observa en amebas infectadas. Pero tendo en conta que unha característica fundamental é o seu tamaño excepcional, debera ter unha escala de referencia, como nesta imaxe procedente do artigo orixinal. O pé de imaxe que escolles é algo confuso: trátase do Phitovirus no interior dunha ameba (vemos o virus enteiro e só un pedazo da Acanthamoeba), mellor que dicir que é unha ameba infectada polo virus.

    A suposta cita dunha das autoras que aparece en El Mundo “(Neandertales) … Estos ancestros vivieron, padecieron enfermedades y murieron. Es interesante pensar que, tal vez, el virus les pudo infectar” paréceme un brindis ao sol. Por outro lado, os últimos neandertales son bastante posteriores e están en “la Sima de las Palomas”, Murcia. E ademais, son os ancestros de quen?
    En calquera caso consiguen o efecto buscado porque ti, igual que David, xa das un paso máis cando escribes “podría estar relacionado coa morte dos últimos Neandertais atopados en Rusia.”

    > Do propio artigo orixinal non citas nada. Ademais do resumo, ao final nun apartado de “Footnotes” proporcionan o vínculo a un pdf con información adicional.

    > En CATEGORÍAS deberías incluir “Xenética” pois o fundamental do traballo orixinal e secuenciar o xenoma do virus e comparalo con outros para establecer a filoxenia, como podes ver nesta imaxe extraída do pdf citado antes.

  3. Daniel Pazo di:

    Xa cambiei a imaxe, correxín as faltas de ortografía e incluín a categoría “xenética”.
    Pero no atopo o pdf que mencionas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s