O último lugar marciano habitable

Os xeólogos da universidade de Brown descubriron a existencia dun posible lugar habitable en Marte, na ladeira do volcán Arsia, grazas á existencia de lagos formados grazas a glaciares.

imagen marte

Volcán Arsia, último lugar habitable de Marte. (esquema altura)

Hai 210 millóns de anos as ladeiras do volcán Arsia atopábanse cubertas de glaciares, isto sábese grazas ó estudo do clima marciano, debido á rotación do eixe marciano este fenómeno sería posible. Tras a entrada en erupción deste volcán, o terceiro maior de Marte e un dos máis grandes do Sistema Solar (dúas veces o monte Everest), a lava expulsada polo volcán formaría lagos glaciares de gran extensión, que  se conservarían durante bastante tempo, o suficiente para que neles aparecese vida bacteriana en caso de habela previamente nese mesmo planeta.

A formación destes lagos glaciares é debida a que o volcán entrou en erupción ao mesmo tempo que o glaciar se atopaba sobre a súa ladeira, confirmouse debido a que se atoparon as mesmas formacións que se producen na Terra cando se produce unha erupción submariña, así mesmo. A análise realizada polo Mars Reconnaissance Orbiter da NASA evidencia tamén a aparición dun río formado nunha inundación masiva que ten lugar cando a auga atrapada nun glaciar rompe libre. Grazas ó tamaño das formacións calcúlase que a erupción formou dous lagos de 40 km cúbicos e outro de 20. Estos datos foron matizados por Head, Marchant, e Lionel Wilson do Centro Medioambiental de Lancaster no Reino Unido, que foron os que realizaron o estudo do clima de Marte.

Tamén apareceron evidencias da aparición dunha tuya basáltica, unha formación xeolóxica que se da cando as erupcións dun volcán persisten o tempo suficiente para derreter o xeo do glacial que o cubre. Isto asegura que no planeta vermello había auga.

 

Na miña opinión, este descubrimento é bastante irrelevante, xa que se centra en gastar cartos para atopar vida noutro planeta, algo que nos sería inútil, está ben que se fagan estes descubrimentos e son interesantes, pero, para min, sería máis importante atopar a cura para o cancro ou rematar coa fame no mundo ca descubrir que en Marte fai moitos millóns de anos poidese existir vida ou non.

 

Fonte orixinal: Universidade de Brown

Artigo: ABC

 

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cosmos, astrofísica, planetas, Curso 2013-2014, Uncategorized, Xeoloxía, riscos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

4 Responses to O último lugar marciano habitable

  1. > Tes que escoller formato Standard para o teu post, se clicas en “Anotación” non aparece o teu nome. Xa o cambiei.

    > O teu link do artigo orixinal vai á sección de “Events and News” da Universidade de Brown, evidentemente non se trata dun artigo académico. Pero aí tes o link directo, aparece claramente doutra cor. So tes que clicar, así que pon o vínculo correcto!!!
    >> …E saca algunha información de verdadeira fonte orixinal. Por exemplo, Que é un ‘basaltic tuya’?

    > O que me chama máis a atención é o disparatado do primeiro parágrafo do artigo en ABC. Desde logo este xornal é menos fiable do habitual en canto a temas científicos. Fíxate que a nota de prensa da Universidade de Brown é moi circunspecta , sinala que ‘And where there’s water, there is also the possibility of life’

  2. Álvaro Peón di:

    Moi bo traballo Ismael, paréceme moi interesante que se siga descubrindo a aparición de auga en Marte. Creo que si que son importantes estes hallazgos xa que ao ser o planeta máis cercano á Terra é imprescindible saber se a vida humana pode asegurarse alí. Noraboa!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s