Editando un artigo – CURSO 2014-2015

  • Antes de comezar a redactar por primeira vez, asegúrate de que estás en “Scientia” o noso blog de CMC   (e non no blog persoal que houbeches de crear para darte de alta en WordPress -por defecto “My Blog”)
shot_Estou-en-Scientia

Na esquina superior esquerda tes que ver “Scientia” e o seu logo. Poñendo enriba o cursor débese despregar o menú de acceso ao panel principal

  • Na esquina superior dereita ten que estar o teu nome de usuario. Co cursor enrriba, ábrese un menú dende o que podes modificar o teu perfil. Tamén podes seleccionar aqui con que blog queres traballar.

shot_seleccionar blog Scientia

 

COMO ESCRIBIR TEXTO:  Se comezas a traballar  dende o editor rápido só tes sshot-alternar barra ferramentasunha liña de comandos, pero se premes o da dereita de todo (“Alternar barra de ferramentas”) tes unha unha segunda liña de comandos, polo que xa podes cambiar a cor do texto ou escoller certos estilos predeterminados de parágrafo.

,

  • Para  incluir imaxes, videos, sons, etc,  hai que premer o botón “Engadir multimedia” sshot-engadir multimedia.  Isto abre unha ventá para engadir ficheiros e leva a á galería onde gardas os arquivos cargados :

LAGOA DE VIXÁN. A foto ten un tamaño de 640 x 178. Dende o editor podes modificar o seu tamaño. Preme na foto e despraza un vértice, nesa situación ves o tamaño en pixeles.. Cando clicas na imaxe ves a icona do lápis que che permite editar certos detalles. Ábrese unha ventá no que destaca  o recadro “Lenda”, onde podes introducir texto como este ..

Tamén podes comprobar o e modificar tamaño   se escolles a pestana “HTML” en lugar da pestana “Visual”.  Neste caso o tamaño de publicación é superior ao que tiña cando se cargou na galería do blog  (só tiña 300 pixeles de ancho, por iso ten pouca resolución).

  • Outra función importante é a e inserir e modificar ligazóns, fundamental para indicar  a procedencia da información. Como mínimo hai que poñer dúas ligazóns:

1) A correspondente á  noticia da que partes  (nun medio de comunicación xeralista ou de divulgación científica). Por exemplo, éste procedente do xornal El Pais, e referido á taxa de contaxio do Ébola

2) A do artigo científico orixinal, publicado nunha revista “peer reviewed” que debes localizar. Necesariamente ten que haber esta referencia técnica respaldando a noticia, en caso contrario o teu post non cumpre os requisitos deste blog. No exemplo anterior, serviría este artigo de PLOS Currents, ou tamén este outro.

  • Non esquezas indicar a que categoría pertence o teu post. Escolle no menú situado  á dereita. Podes marcar varias simultáneamente, en caso de que non atopes unha apropiada engade un comentario propoñendo algunha. En calquera caso hai que desmarcar a opción ‘Uncategorized’.
  • Podes engadir etiquetas, seleccionando entre as xa utilizadas ou escribindo outras.  A utilización de etiquetas é opcional,  menos no caso de que escribas en inglés (debes seleccionar a etiqueta ‘English’).


Advertisements

About pedrinhaScientia

Administrador do blog e profesor da materia (Nicolás Lucas). Na foto, corvos mariños en Punta Corveira, cerca de Rinlo, Lugo.
Esta entrada foi publicada en Curso 2014-2015, Organización do curso, pedrinhaScientia [profe]. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s