BACTERIAS XENÉTICAMENTE MODIFICADAS

BACTERIAS XENÉTICAMENTE MODIFICADAS

Entre outras bacterias descubertas, destácase a Escherichia coli por ser creada mediante a bioloxía sintética. Esta bacteria é capaz de producir vacunas, hormonas de crecimiento, antibióticos, combustibles e ata insulina para os diabéticos. Nela é tan fácil modificar o seu ADN nos laboratorios que a súa expansión retrasouse por medo a que houbese fugas de estos microbios por todo o medio ambiente.

1421860805_021529_1421861974_noticia_normal
Grupo de bacterias Escherichia coli.

Escherichia coli é unha bacteria que se encontra no tracto gastrointestinal dos organismos de sangue quente. A maioría das cepas de E.coli, son inofensivas pero algúns serotipos (é unha subdivisión común do sistema de E. coli) poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos. As cepas forman parte da flora intestinal humana e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e así impedir que se establezan ahí as bacterias patóxenas.
Investigouse e chegouse a conclusión de que as células desta bacteria e as relacionadas poden sobrevivir fóra do corpo nun tempo limitado pero descubriuse que E.coli pode sobrevivir por un longo tempo fóra do hóspede. Esta bacteria foi investigada durante 60 anos de modo que se pode decir que é o organismo procariota máis estudado. Tamén serviu como organismo hóspede para a maioría dos traballos sobre o ADN recombinante.

Dous equipos de científicos traballan por separado coa finalidade de conseguir reescribir o ADN (ácido desoxirribonucleico) desta bacteria para que sexa capaz de lograr sobrevivir sin uns nutrientes artificiais que non existen na natureza. Para eles e importante conseguir que esta táctica se leve a cabo porque así poderán usala para a creación de novos alimentos a partir de bacterias ao aire libre e tamén poden empregalas para a utilización de toneladas de microbios que sexan capaces de devorar o petróleo para conseguir limpar unha marea negra. Necesítanse diferentes estratexias para previr a expansión accidental de organismos xenéticamente modificados nos ecosistemas naturais. Nos enzimas esenciais rediséñase o primeiro organismo capaz de poseer un código xenético modificado e que sexa capaz de sobrevivir por si só. O organismo resultante presenta unha resistencia para escapar da evolución a través da mutaxénese e transferencia de xens. O organismo xenéticamente modificado preséntase máis seguro, xa que é illado dos ecosistemas naturais.

Na revista de ciencia Nature explícase que estos organismos son cada vez máis abundantes. Algunhas estratexias xenéticas son necesarias para previr a proliferación sin control de estas bacterias nos ecosistemas.

OPINIÓN PERSOAL:
Como vimos, estas bacterias son empregadas rexenerando o seu ADN para fabricar alimentos ou menciñas. Trae ideas positivas a hora de pensar que a ciencia sigue avanzando ata conseguir cousas sorprendentes como este caso. Isto nun futuro pode traer grandes solucións a hora de poder curar unha enfermidade grave, por iso me parece un artigo importante para comentar e que os demais o poidan leer.

FONTE ORIXINAL: http://www.nature.com/nature/journal/vaop/ncurrent/full/nature14121.html#figures

FONTE DIVULGATIVA:
http://elpais.com/elpais/2015/01/21/ciencia/1421860805_021529.html

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Xenética. Ligazón permanente.

2 Responses to BACTERIAS XENÉTICAMENTE MODIFICADAS

  1. BEN, Escolles un tema moi novidoso no campo da bioloxía sintética, unha das especialidades máis recentes (e que penso que nunca saiu neste blog). Pero o teu resumo é claramente mellorable: queda pouco destacada a idea principal e sobran cousas.

    >> O primeiro parágrafo comeza moi mal, non se descubre unha bacteria (tal como aclaras perfectamente no parágrafo 2, Escherichia coli é unha das bacterias mellor estudiadas). Créase, mediante bioloxía sintética, “Here we computationally redesign”, din no resumo do artigo orixinal en Nature. Modifica isto, xúntao coas dúas liñas do teu terceiro parágrafo e xa tes a presentación do caso.
    >> O parágrafo 2 vale como contexto de toda a información.
    >> Continúa cun parágrafo explicando que foi o que fixeron, engadindo algo do artigo orixinal.
    >> Suprime os teus parágrafos 5 e 6, non son máis que distractores.

    > Créditos da imaxe.- Ti sácala de El Pais, que no pé indican que procede do USDA (ministerio de Agricultura dos USA), aquí o link da imaxe.

  2. Xa modifiquei o que non estaba ben, añadín despois do páragrafo 2 un onde se explica o que fixeron os dous grupos científicos e engadín algo sobre o artigo orixinal nese mesmo parágrafo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s