O plástico, principal contaminante nos océanos.

Segundo os ambientalistas os océanos, non só de España senon de todo o mundo, estanse a encher de plástico (ben sexan botellas, redes de pesca, etc). Un dos principais problemas que se atoparon é que os animais que viven na auga comen estes plásticos e logo nós posteriormente eses peixes.

Nesta imaxe comprobamos que cando comemos pescado estamos a inxerir á súa vez microplásticos prexudiciais para o noso organismo.

Esta imaxe amósanos como o que tiramos no mar ven directo ó noso corpo a través dos peixes.

Claro exemplo de como o que tiramos no mar ven directo ó noso corpo a través dos peixes.

A contaminación nos océanos é un problema que intentan os científicos regular dende hai máis de 40 anos. Estimase que cada ano entre 4,8 e 12,7 millóns de toneladas de plástico vai parar ó mar, sendo así que só no océano pacífico hai arredor de 100 millóns de toneladas de basura. Máis de un millón de aves morreron e máis de 100 mil peixes morren todos os anos por inxerires plástico.

España, está acutalmente nunha posición boa en relación cos outros países na contaminación das súas augas por culpa do plástico.Hai seis países contaminadores principais cuxos resíduos superan o millón de toneladas ó ano. Estamos a falar de China, Indonesia, Filipinas, Tailandia, Siri Lnaka e Vietnam.

Non é demáis engadir que ese plástico permanece abaxio dos oceanos durante milleiros de anos porque hai menos luz e osíxeno, os dous factores que axudan á súa descomposición.

Cal é o futuro que nos espera? Científicos indican que se non se toman as medidas xa, a contaminación irá en aumento e no ano 2025 os cinco países de maior contaminación duplicaran as súas cifras.

Por último, engadir que do artigo orixinal atopei moita información que non aparecía no artigo de divulgación (El Mundo). Opino, que o máis importante a resaltar é o seguinte:

Danos información máis detallada e precisa, que para os que de verdade lles interesa o tema son uns datos moi interesantes. Por exemplo, dinos que 2,5 millóns de toneladas de residuos foron xerados en 2010 por 6,4 millóns de persoas que viven en 192 países costeiros (93% da poboación). Destes, 1,3 millóns de toneladas foron xerados por 3 millóns de persoas nas zonas urbanas. Aproximádamente o 11% destos residuos é plástico.

amapa

O seguinte mapa mundial amósanos a cantidade de residuos de plástico mal administrados por cada país no ano 2010 nos sitios que están a 50Km da costa. Os países en branco non están incluídos no estudo.

OPINIÓN PESOAL:  Todo o mundo comprende que isto non pode seguir así e como ben expliquei antes, se non se busca unha alternativa urxente o vertido de plásticos aumentará en poucos anos. Hai persoas que son partidiarias de transportar non todos os vertidos, senon os velenosos ó terceiro mundo. Sería unha opción, mais eu prefiro concienciar á xente de que os nosos fillos non poden vivir nun futuro cheo de basura e que se todos axudamos isto cambiaría totalmente.

Deixo aquí un pequeno vídeo onde nos explica máis visualmente os inconvintes de tirar unha bolsa de plástico no mar.. botádelle un ollo!:

ARTIGO ORIXINAL: http://www.sciencemag.org/content/347/6223/768.abstract

ARTIGO DE DIVULGACIÓN:  http://www.elmundo.es/ciencia/2015/02/12/54dd0eb0ca47410e378b456e.html

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Saúde coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

7 Responses to O plástico, principal contaminante nos océanos.

  1. > O artigo orixinal está dispoñible en pdf aquí. Bótalle un ollo e redacta un parágrafo coa información que extraias del (e que non figure no artigo de El Mundo).

    > Do traballo orixinal saquei este mapa que podes insertar.

    > O video está ben para educación ambiental en Primaria, pero espérase un nivel máis elevado nesta materia.

  2. Ismael Liñares Martínez di:

    Comentarche que o tema do teu traballo paréceme interesante xa que fai que sexamos conscientes dunha situación real que nos afecta directamente sobre a que todos temos responsabilidade.
    Sen embargo sería bo engadir algún dato máis da investigación. Ademais creo que para darlle máis consistencia estaría ben engadir quen realizou a investigación. Esta información está no artigo de divulgación: investigación liderada por la investigadora de la Universidad de Georgia (EEUU) Jenna Jambeck.

    investigación liderada por la investigadora de la Universidad de Georgia (EEUU) Jenna Jambeck.

  3. Ismael Liñares Martínez di:

    Deixei dúas veces no comentario o da investigadora. É un erro.

  4. Serxio Duro di:

    Grazas @ismalinares! Mais penso que estás errado xa que Jenna Jambeck non é a única autora.
    Están tamén: Roland Geyer, Chris Wilcox, Theodore R. Siegler, Miriam Perryman, Anthony Andrady, Ramani Narayan e Kara Lavender Law.

    Un saúdo!

  5. Serxio Duro di:

    Volvin revisalo e engadinlle un pequeno resumo do que eu creía máis importante a cerca do artigo orxinal, incluíndo nel o mapa.
    O vídeo, como ben citas, vese que é para cursos inferiores ó noso.. mais gustoume xa que é unha forma menos aburrida e máis “divertida” de entender o por que está mal tirar o plástico no mar.

    Sen máis, un saúdo!! @pedrinhascientia

  6. Paula Pais Rodríguez di:

    A verdade é que o tema é bastante interesante, pero penso que non fala de nada que non coñezamos, é dicir, ninguén sabe os datos exactos mais todos somos conscientes de por qué non se poden tirar os residuos ao mar. Páreceme que deberias de falar sobre o problema dos residuos e da contaminación en todos os ámbitos xa que non é fácil atoparlle un lugar a todas as basuras que xeramos.
    Como xa comentou o profesor o vídeo é bastante infantil e dura cinco minutos, dos que unicamente dous tratan da bolsa utilizada indebidamente. Ademais que non comenta o tema que ti dixeches de que o plástico perxudica tamén as persoas.
    Tampouco entendo moi ben o parágrafo onde dis que da información máis detallada. Os datos están ahí postos pero non os comprendo.
    Aínda así estou de acordo coa túa opinión persoal porque este tema debería estar máis presente no día a día da xente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s