Qué é o que fai o noso cerebro así?

Un grupo de científicos do instituto alemán Max Planck de Bioloxía Molecular foi capaz de descubrir o xen que da as características físicas do noso cerebro, en concreto, o número de células presente no neocortex (por así decilo, que o cerebro é máis grande). Este descubrimento xurdiu mentres que un grupo do mesmo instituto estaba investigado sobre as diferencias entre un feto abortado humano e un feto abortado de ratón. Como dixo Marta Florio, a rapariga que levou a cabo gran parte deste proxecto, “Nós estabamos intentando descubrir qué xenes están activos durante o desarrollo do cortex”. O que lograron descubir é que o xen ARHGAP11B, un xen xa considerado moi importante na evolución humana, estaba moi presente neste caso.

Para probar o experimento, éste grupo de científicos introduciu o xen en fetos de roedores para probar os seus efectos. Despois de facer as probas, o resultado foi que unha porción dos animais adquiriu as características propias do cerebro humano.

Unha parte curiosa deste traballo é que, pese a que compartimos máis do 90% dos xenes cos nosos primos, os primates (nin os ratóns) non presentan éste xen.

Síntesis do artigo periodístico de El Mundo.

¿Qué é o que nos fai humanos, e que é o que nos permite diferenciarnos dos nosos primos, os primates? Hoxe en día, sabemos que compartimos máis do 95% do ADN con eles, pero os grandes simos non son capaces de facer cousas tan complexas como é resolver ecuacións matemáticas ou crear ordenadores ou ferramentas.

Aproveito para citar a Stepen Hawking, quen decía “Sólo somos unha especie avanzada de monos nun planeta menor nunha estrela moi normal, pero podemos comprender o universo, e eso nos convirte en algo moi especial”. E velaquí é onde chegamos a verdadeira pregunta, que é ¿cómo fumos capaces de chegar ata aquí? ¿Qué nos diferencia dos monos, dos gorilas ou dos chimpancés, e por qué podemos falar, pensar dunha maneira tan elaborada e facer todo o tipo de cousas que facemos? Se lle preguntamos a un gran primatólogo, como é Frans de Waal, sua resposta é rotunda: “Noso cerebro é básicamente idéntico ao dos simios, pero más grande. Non hai nada diferente, a parte do tamaño, así que ahí debe de residir a clave do que nos diferencia”, o que nos leva a conclusión de que a clave da intelixencia está no tamaño do maxín. Hoxe, sabemos que os nosos cerebros son moi parecidos, pero tamén que o noso cerebro é ata tres veces maior ca o dos monos. A parte desto, un grupo do instituto alemán Max Planck de Bioloxía Molecular desburiron un novo xen, chamado ARHGAP11B, o cal explica o gran tamaño do cerebro dos humanos. Este xen é o que determina os pliegues e o tamaño do noso cerebro. Para probalo, inxectouse o xen en ratos, e o resultado foi sorprendente: os ratóns non só aumentaron o tamaño do seu cerebro, senón que os pliegues característicos do noso cerebro copiáronse no seu.

Quizáis éste non sea a única causa que da forma a o noso cerebro, e que explica a nosa intelixencia superior, pero sí axuda, e ademáis nos indica que pouco a pouco, nos acercamos a comprender por qué temos o privilexio de ser animais pensantes.

Esta imaxe mostra o cortex cerebral dun embrión de ratón. Os núcleos celulares están marcados en azúl, e en vermello a capa profunda de neuronas. O xen específico humano ARHGAP11B foi selectívamente expersado na parte dereita do cerebro, a cal é visible polo pliegue da superficie neocórtica. © MPI f. Molecular Cell Biology and Genetics

Artigo do apartado de Noticias da Universidade: 

http://www.mpg.de/8995136/gene-brain-size

Artigo orixinal da revista Science:

http://www.sciencemag.org/content/early/2015/02/25/science.aaa1975.short

Artigo de El Mundo: 

http://www.elmundo.es/ciencia/2015/03/03/54f4b45322601d19368b456c.html

Artigo periodístico patrocinado pola revista Science (en inglés):

http://news.sciencemag.org/biology/2015/02/xeroxed-gene-may-have-paved-way-large-human-brain?intcmp=highwire

Opinión persoal.

Escollín este artigo, aínda que non sexa moi extenso de por sí, xa que me parecía que tiña moitas cousas que comentar, así como curiosidades que se poden compartir sobre o tamaño do cerebro. Por exemplo, datos como que o Nenaderthal tiña o cerebro máis grande ca o Sapiens. sapiens, e que nós actualmente estamos nun proceso de compresión cerebral, o cal, combinado co artigo só podemos extraer que cada día nos facemos máis tontos (aínda que espero que non sexa así).

Dende logo, o tema é moi curioso, e creo que é un bo descubrimento (aínda que claro, creo que todos os descubrimentos son bos, aínda que sexan de cousas negativas para nós, xa que nos achegan a verdade). Acércanos máis a realidade de por qué somos o que somos, e ademáis, estou seguro de que pode axudar moito no campo da neurobioloxía.

Comparación do artigo periodístico e o artigo orixinal.

O artigo de EL Mundo carece de gran cantidade de datos que se presenta o artigo orixinal. DI que identificaronse 56 xenes, e separaron os que tiñan un orixe cercano a os chimpancés e os que teñen un orixe próximo aos animales. Despois de facer a proba, di que os pliegues cerebrales na súa maioría copiáronse, e o tamaño veuse aumentado. Por desgracia, o acceso no artigo orixinal a datos máis concretos é imposible, xa que requiere de pago.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Curso 2014-2015, Neurociencia / psicoloxía coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

4 Responses to Qué é o que fai o noso cerebro así?

  1. Iraima Fernández di:

    Un artigo moi interesante! Aínda que o artigo que escolliches é un pouco complicado porque a información que se mostra é escasa, non proporciona datos precisos da noticia. Moita palabrería e poucos datos científicos. Para corrixir isto no propio artigo de “El Mundo” se clicas no enlace de “más del 95% del ADN con nuestros parientes más cercanos del reino animal” (http://www.elmundo.es/elmundo/2012/06/13/ciencia/1339606937.html) aparéceche a noticia con menos palabrería e máis datos concretos do estudo.
    Ademais tes unha carencia fundamental: NON FALAS DO ARTIGO ORIXINAL.
    Comparando o teu artigo co orixinal atópanse algúns datos que non coinciden, e seríanche de moita utilidade á hora de falar sobre a fonte orixinal, como que a comparación do cerebro non é con primates en xeral, senon cós chimpacés en particular. Bótalle un ollo!

  2. Non se pode ser tan vago, que isto representa unha fracción importante da vosa nota.

    > Para comenzar plaxias o título. Tamén plaxias basicamente o artigo de El Mundo que queda desestructurado a base de recortes, nunha sucesión de parágrafos curtos. Por outro lado artigo que escolles ten pouca calidade. A maiores ti, seguindo ao pringado do xornalista, plantas o vínculo á sección de noticias do Instituto Max Planck, ainda despois de ler “que se acaba de publicar en la última edición de la revista Science“. Como sinala Iraima, NON tes artigo orixinal.

    > O peor é que nen sequera utilizas a información do teu pseudo-orixinal, que polo menos é moito máis rigurosa que a de El Mundo. Así por exemplo:
    >> ti escribes “os ratóns non só aumentaron o tamaño do seu cerebro” cando a nota de prensa do Max Plank di “the mice produced significantly more brain stem cells”. Non é o mesmo. Como tampouco é o mesmo dicir “senón que os pliegues característicos do noso cerebro copiáronse (!!) no seu” que “and in half of all cases even a folding of the neocortex, which is typical for human brains”
    >> Saltas unha información moi importante: que se trata dun xene duplicado, e que se atopa tamén nos restos conservados de xenoma dos nosos primos Neandertais e Denisovanos.

    Os termos empregados no Abstract do verdadeiro artigo orixinal, o de Science, son bastante máis discretos: “Expression of ARHGAP11B in embryonic mouse neocortex promotes basal progenitor generation and self-renewal, and can increase cortical plate area and induce gyrification”.

    > O artigo de Science ten un pdf de material suplementario, básicamente de “Materiais e Métodos”, que sempre trae información interesante e comentable. Por exemplo sobre o aliñamento de secuencias de ADN dos outros homínidos; ou sobre a procedencia dos tecidos cerebrais humanos para a experimentación:
    “Human fetal brain tissue was obtained from the Klinik und Poliklinik für Frauenheilkunde und Geburtshilfe, Universitätsklinikum Carl Gustav Carus of the Technische Universität Dresden, following elective pregnancy termination and informed written maternal consents, and with approval of the local University Hospital Ethical Review Committees.”

    > Con respecto ao teu parágrafo de opinión: comprensión ou compresión cerebral?

    En fin, numericamente o teu traballo non vale moito.

    • Jorge Fraga Neiro di:

      Xa editei o texto (sinto moito a tardanza, pero teño un esguince no xeonllo e ao intentar subir as escaleiras para ir ao ordenador, non era capaz debido á enorme dor. Cambiei o título, puxen o artigo orixinal e máis un artigo en inglés do apartado de noticias de Science. Tamén solucionei os errores respecto ao artigo orixinal que citaches, e deixei o texto xa feito como o que en verdade é, unha síntesis do artigo de El Mundo. Finalmente, correxín o erro no párrafo de opinión; era compresión cerebral.

      Espero que esté todo en orde, e un saúdo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s