O PLÁSTICO XA TEN SUBSTITUTO

O nanobiotecnólogo barcelonés docente na Singapore University of Technology and Design, Javier Fernández, pretende reducir o consumo do plástico a partir dunha mestura, chamada shrilk, do quitosano (material presente en caparazóns de crustáceos e insectos) e fibroína (proteína da seda).

Segundo as declaracións do científico, os insectos contan con quitosano e fibroína na súa pel para darlles rixidez e elasticidade. Da como exemplo o caso dun insecto do continente americano capaz de controlar a súa rixidez. Con isto, reproduciu esta estrutura na natureza para crear o previamente dito, o shrilk, biodegradable e máis forte que o plástico.

Explica o científico que industrias e empresas médicas colleron interés polo material tanto para cura de hernias, pel artificial, etc. Pero o gran problema é a seda, que encarece moito o custo do produto sobre todo para a industria. Polo tanto Javier Fernández e o seu equipo puxéronse mans á obra para lograr un quitosano sen seda que reproduza as características naturais. E o conseguiron.

A principal vantaxe do produto é o seu baixo custo. Xeralmente é empregado como residuo como cabezas de gamba que van directos ao lixo. Ademais, ao seren o segundo material orgánico máis abundante é moi fácil de conseguir.

A partir da disolución feita no laboratorio pretenden recuperar as propiedades naturais e a estrutura do quitosano. Nun tempo exacto a disolución convértese nun cristal líquido parecido á plastilina que flúe pero mantén moléculas do cristal.

Unha innovación do emprego do quitosano é o uso do material para imprimir estruturas en 3D, pero actualmente requírese que as empresas cambien o seu proceso produtivo e así poder incorporar o quitosano.

A pesar das grandes vantaxes do quitosano sobre o plástico, o seu avance freouse no século XX ao imporse o plástico, considerado o material dese período, sobre este material. Non será ata a década dos 70 cando se retome a investigación sobre o quitosano ante o temor do esgotamento do petróleo e, por tanto, do plástico.

 
Obxectos fabricados con quitosano, como se pode observar, son fabricacións sinxelas debido a que se debe avanzar máis na investigación do material para cousas máis complexas e a gran escala.
 

Como podemos ver neste vídeo xa o quitosan comezou a ser empregado na industria como prometedor substituto do plástico e un posible futuro na industria, nas empresas de medicina e na impresión en 3D: https://www.youtube.com/watch?v=GF1AnK8r8sM

As palabras de Javier Fernández abren as portas da esperanza de poder deixar atrás o petróleo e o plástico cando di que a produción de quitosano a gran escala podería producirse en dous anos, pero tamén engade que certos usos dados ao plástico son evitables. Sen embargo o uso do plástico a gran escala é necesario mentres outros materiais non teñan un menor impacto medioambiental.

Actualmente o profesor J. Fernández atópase en Singapur perfeccionando as aplicacións do quitosano.

OPINIÓN PERSOAL:

Desde o meu punto de vista é un tema bastante importante nos nosos días ante o inminente esgotamento do petróleo. Supón unha boa alternativa para o plástico, material moi importante e común nas nosas vidas, xa que ademais ten algunhas vantaxes sobre el como por exemplo a característica de ser biodegradable. Pero aínda lle quedan moitos avances por facer xa que de momento só é empregado para a fabricación dalgúns produtos. Aínda así, xa é un comezo para paliar este problema que tanto preocupa a científicos de todo o mundo.

COMPARACIÓN COS ARTIGOS ORIXINAIS:

No primeiro artigo fala das características do quitosano que tamén se citan no artigo de prensa, pero só se cita a de biodegradable. No artigo orixinal fala de micromoldeabilidade e biocompatibilidade. Fala tamén da dureza e da súa forza.

No segundo artigo orixinal trátase coma no artigo de prensa a produción a nivel industrial e médico do quitosano. O artigo orixinal é moito máis específico que o de prensa e emprega moitos tecnicismos, nel trátanse as súas características ao igual que no de prensa. O artigo divulgativo exprésase cun vocabulario máis comprensible para a xente non especializada no tema.

E por último no terceiro artigo orixinal fala da abundancia do material na Terra como fai o artigo de ciencia, mais trata tamén os desexos dos científicos por atopar urxentemente materiais que poidan suplir ao plástico e, en xeral, ao petróleo. Se tratan tamén as súas características mecánicas coma no propio artigo divulgativo. En xeral ten datos sen por dos artigos orixinais, mais está ben redactado poñendo o esencial con palabras moito menos técnicas.

Artigo de prensa: http://elpais.com/elpais/2015/02/23/ciencia/1424688205_859060.html

Artigo orixinal:

PUBLICACIÓN 1: http://scholar.harvard.edu/jgfermart/publications/unexpected-strength-and-toughness-chitosan-fibroin-laminates-inspired-insect

PUBLICACIÓN 2: http://scholar.harvard.edu/jgfermart/publications/bioinspired-chitinous-material-solutions-environmental-sustainability-and

PUBLICACIÓN 3: http://scholar.harvard.edu/jgfermart/publications/manufacturing-large-scale-functional-objects-using-biodegradable-chitosan

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Curso 2014-2015, Quimica / Tecnoloxía /Materiais coas etiquetas , . Ligazón permanente.

3 Responses to O PLÁSTICO XA TEN SUBSTITUTO

  1. MOI BEN, escolles un tema de tecnoloxía atractivo (habitualmente resultan demasiado áridos), e parte do atractivo está en aproveitar e imitar os materiais deseñados pola propia natureza. Agradezo que puxeras ao tanto desta novidade.

    Fas un bo traballo de recompilación da información dos artigos de referencia. A verdade que, a pesar de ter partes técnicas, están redactados cun claro estilo divulgativo, lonxe do estándar dos traballos estrictamente académicos. A segunda publicación resulta particularmente asequible, por iso creo que na túa comparativa final intercambias a publicación dúas coa tres.

    En todo caso, da publicación 2, é dicir, Bioinspired Chitinous Material Solutions for Environmental Sustainability and Medicine, collín este gráfico que representa a resistencia a rotura de diferentes materiais naturais fronte á súa densidade. Quzais poderias insertalo.

    >> O pé de imaxe débese escribir no recadro correspondente, que aparece cando a editas (marcado como “lenda” ou “caption”). Dálle a editar o teu post, preme na imaxe, despois na icona do lápis; entrarás así na pantalla de edición de imaxe.

    > Vínculos, queda mellor o título do artigo a vista e o vínculo invisible por detrás, da mesma forma que fixen co gráfico no parágrafo anterior.

  2. Fernando López Seoane di:

    Artículo muy interesante, y muy bien redactado. Sin duda alguna esto afectará positivamente ya que al ser un material orgánico es biodegradable y acabará con la contaminación del plástico, la que afecta considerablemente al medio ambiente.

  3. Airas Vázquez Quintela di:

    Bo traballo!
    Escolles un tema moi interesante, pois este material orgánico pode substituír ao petróleo, pero sen unha repercusión negativa no medio ambiente, é algo que ten que coñecer todo o mundo, e espero que pronto se use de maneira habitual.
    O único, e que ao comparares o segundo artigo orixinal co divulgativo, so dis o obvio: que no artigo orixinal se empregan tecnicismos e é mais específico, mentres que no divulgativo se utiliza unha linguaxe máis adaptada aos lectores inexpertos no tema.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s