Impresión 3D: a terceira revolución industrial?

          Co tempo fomos vendo como se comezou a falar, cada vez máis, das impresoras 3D, que nos permiten imprimir o que vemos no noso ordenador, a través dun complexo proceso, para que cheguemos a telo nas nosas mans. A súa lentititude era un dos principales obstáculos para o despegue destas máquinas. Para crear unha simple peza necesitábanse horas ou ata días, dependendo do seu tamaño. Sen embargo, un grupo de investigadores da Universidade de Carolina do Norte, en Chapel Hill, desenrolou unha nova tecnoloxía á que chamaron Continuous Liquid Interface Production (CLIP), un avanzado sistema de impresión 3D. Para a súa comercialización, DeSimeone e parte do seu equipo de investigación crearon, xunto a inversores, a empresa Carbon3D.                                                                                                                                                                           A impresión 3D tradicional require unha serie de pasos mecánicos, repetidos unha e outra vez nun enfoque de capa por capa. Non en tanto, este innovador sistema encárgase de ‘cultivar’ a peza, explotando os poderes da luz e o osíxeno, para evitar así os pasos mecánicos e as capas. Algúns expertos sinalan que esta máquina está inspirada na película ‘Terminator 2’, específicamente na escea na que o villano robótico T-1000 se elevaba completamente dun charco de líquido metálico.

         

Continuous Liquid Interface Production.

Representación da impresora 3D

          CLIP posúe unha bandexa repleta de resina líquida sobre un sistema  de proxección dixital de luz. Unha ventá especial entre a resina e a luz permite que a luz e o osíxeno viaxen a través dela. O osíxeno bloquea o proceso normal de curado na resina, xerando así unha zona morta que nunca se endurece. Para crear a peza, proxéctanse ráfagas de luz ultravioleta específicas, á vez que un brazo especial extrae lentamente a impresión a medida que se cultiva, e un chorro de aire frío enfría o filamento para que solidifique. Un sofisticado softwar é o encargado de xestionar todo o proceso mendiante o control das variables.                                                                           Premendo aquí podese ver unha demostración da impresora en funcionamento.  

         Esta innovación permite que a impresora traballe entre 25 e 100 veces máis rápido que as impresoras 3D tradicionais. CLIP tamén fai posible a explotación dunha amplia gama de materiais para satisfacer os requisitos para aplicacións moi específicas, indo así dende a alta elasticidade necesaria para zapatos atléticos ata a forza e resistencia necesaria para pezas de automoción. As pezas realizadas son moi consistentes, e dunha dunha alta calidade.                                                                                                                                                         

A impresora CLIP consegue próteses dentais coa calidade e resistencia das da industria.

A impresora CLIP consegue próteses dentais coa calidade e resistencia das da industria.

                                                                                                                                                 OPINIÓN PERSONAL:

          As novas impresoras 3D parécenme unha das tecnoloxías máis rompedoras e prometedoras. Non só nos ofrecen resultados reais en instantes, tamén chegaron a ter tal definición que poden ata a suplantar obxectos. Xa non son concebidas soamente como un produto ao servizo da industria, senón que cada vez se achegarán máis aos usos domésticos, e ata se convertirán en algo cotiá en cada fogar.                                                         O futuro que se presenta da impresión 3D é completamente revolucionario: reprodución de órganos, construcción de refuxios no espazo, medicinas, alimentos… Así é que moitos expertos aseguran que isto cambiará a vida ata niveles insospeitados.                                                                                                                                                                      Fonte orixinal                                                                                                                           Artigo                                                                                                                                       Outro artigo de interese

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Tecnoloxía - Robótica coas etiquetas . Ligazón permanente.

4 Responses to Impresión 3D: a terceira revolución industrial?

  1. MOI BEN, explicas o asunto con moita claridade, pero hai algúns detalles que modificar:

    > Evidentemente os investigadores que fundaron a compañía Carbon3D son a fonte orixinal, pero non no sentido que lle damos á expresión nese blog: ten que ser un artigo académico. O vínculo está tanto na páxina desta compañía como no artigo do Washington Post. Tes que vincular como fonte orixinal ese artigo de Science. Realmente parece que a cousa é importante, pois incluso é obxecto da portada da revista.

    > Neste caso a propia revista permite o acceso ao pdf completo, sempre que esteas rexistrada. Eu estou, de modo que descarguei o arquivo e subino ao blog aquí.

    > O pé de imaxe debe incluír a procedencia da mesma. E non me poñas como único texto o mesmo título –en inglés- que aparece na parte superior da imaxe!

    > O vídeo en TED Talks está ben, podías insertalo. De momento só ten o ssubtítulos en inglés (pero acabarán por poñelo tamén noutras linguas)

    • Ana Rouco di:

      Debido á necesidade de rexistrarse para poder ver a noticia, fun incapaz de acceder a ela,e por iso non puxen o link ao artigo de Science. De todas maneiras xa o cambiei, e grazas por descargar o pdf. O resto intenteino correxir tal e como me dixeches. Un saúdo.

  2. Alba Ferreiro di:

    Impresionante o que fai a tecnoloxía!! Paréceme xenial que escolleras este artículo porque as impresoras 3D están a mellorarse constantemente, de feito o teu artículo así o demostra. Como di o profe todo está moi ben explicado e moi clariño, calquera se pode enterar perfectamente de como traballan estas máquinas. O video que demostra o funcionamento da impresora chama moito a atención, sobre todo pola capacidade que ten de reproducir con tanto detalle os modelos que se lle marcan. Estas novas impresoras van a cambiar a fabricación de moitas cousas, entre as cales seguramente estarán as próteses. Cada día a tecnoloxía está máis metida na mediciña, sempre está a axudar aportando novos artiluxios. Penso que estas impresoras continuarán mellorando cada día, e que isto vai a ser posible xa que moitos inversores apostarán por estas novas máquinas. Dentro duns anos xa non só imprimiremos papeis, senón

  3. Alba Ferreiro di:

    Impresionante o que fai a tecnoloxía!! Paréceme xenial que escolleras este artículo porque as impresoras 3D están a mellorarse constantemente, de feito o teu artículo así o demostra. Como di o profe todo está moi ben explicado e moi clariño, calquera se pode enterar perfectamente de como traballan estas máquinas. O video que demostra o funcionamento da impresora chama moito a atención, sobre todo pola capacidade que ten de reproducir con tanto detalle os modelos que se lle marcan. Estas novas impresoras van a cambiar a fabricación de moitas cousas, entre as cales seguramente estarán as próteses. Cada día a tecnoloxía está máis metida na mediciña, sempre está a axudar aportando novos artiluxios. Penso que estas impresoras continuarán mellorando cada día, e que isto vai a ser posible xa que moitos inversores apostarán por estas novas máquinas. Dentro duns anos xa non só imprimiremos papeis, senón que seremos capaces de imprimir xoguetes. Felicitacións polo artículo!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s