NOVO DESCUBRIMENTO EN RELACIÓN A ADICCIÓN A COMIDA

Un estudio publicado en maio de este ano 2015 no que colaboraron investigadores españois, suecos e italianos, dirixido por Rafael Maldonado, director do Laboratorio de Neurofarmacoloxía do departamento de Ciencias Experimentales e da saude da Universidad Pompeu Fabra, sinala que se pode desenrolar un comportamento adictivo a comida con sabor a chocolate en ratos, abrindo de este modo a posibilidade de comezar a comprender os trastornos de conducta que causa a comida e a posibilidade de definir indicadores de vulnerabilidade ante este tipo de problemas.

Seguindo os datos da noticia publicada en Sinc é posible inducir a os ratos a que teñen unha adicción a comida similar a adicción ás drogas. Na investigación entrenaron a ratos na búsqueda activa de comida sabor a chocolate nunha caixa de comportamento. Os ratos que finalmente desenrolaron adicción realizaron entre 600 e 2000 respostas a unha palanca para obter 20 mg de comida, persistindo a pesar de que esta resposta facía que se dera unha estimulación eléctrica desagradable antes de recibir a comida. Os ratos que responderon de maneira adictiva perdían a súa capacidade para controlar a búsqueda de máis cantidade de comida. O artigo conclúe explicando que os animais coa adicción tiñan importantes alteracións na metilación da secuencia de ADN que codifica para o receptor cannabinoide CB1, que ten un importante papel na adicción ás drogas, mentres que os que non tiñan esta alteración xenética ou se bloqueaba farmacolóxicamente non presentaban adicción a pesar de que todos os ratos foran entrenados iguais. Esto fai ver que hai certas características neurobiolóxicas que fan que se produza a adicción.

Los-ratones-desarrollan-adiccion-al-chocolate_image_380

Caixa de búsqueda de comida activa na que os ratos buscaban o alimento sabor a chocolate que saía do dispensador./Fonte: Sinc

O artigo de Sinc é bastante completo respecto ao resumo orixinal, aínda que este último engade algún detalle que axuda a comprender algo mellor o estudo.  Indica que se evaluou: a persistencia na búsqueda de alimento durante os periodos nos que non había alimento, a motivación para a alimentación e a perseverancia de responder cando a comida se asociou a un castigo (estimulación eléctrica). Ademáis, seguindo o que sinala a noticia no artigo orixinal explica de maneira más clara que existe un proceso biolóxico implicado detrás da conducta adictiva que manifestan os ratos: identificáronse proteínas expresadas de maneira diferente en ratos que eran vulnerables e ratos que non eran vulnerables á conducta adictiva no: hipocampo, no corpo estriado e na corteza frontal.

Elixín este artigo porque me chamou a atención que sinalan que hay similitude nos síntomas de adiccións ás drogas con esta adicción que xeneraron algún dos ratos estudados á comida con sabor a chocolate. Ademais tamén ven a aclarar que as adiccións a comida están relacionadas co ADN e pode abrir a porta a seguir estudando para previr unha enfermidade cada vez máis habitual nas nosas sociedades: a obesidade.

Noticia

Artigo orixinal

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Curso 2014-2015, Saúde coas etiquetas . Ligazón permanente.

2 Responses to NOVO DESCUBRIMENTO EN RELACIÓN A ADICCIÓN A COMIDA

  1. > Lembra que hai que indicar no pé de imaxe a procedencia da mesma

    > Deberas traballar mellor a parte correspondente ao artigo orixinal. Saltas cousas moi importantes que xa figuran no propio título (Epigenetic and proteomic expression…) e nos fas referencia algunha ao proceso biolóxico implicado detrás desta conducta adictiva: o control epixenético (mediante metilación do ADN) da expresión dun xene en particular. Ademais identificaron distintas proteínas asociadas aos comportamentos adictivos ou aos non adictivos. Parece que o tema das adiccións comeza a entrar no campo da “ciencia dura”

    Unicamente fas unha mención breve no comentario persoal, pero terías que mellorar o parágrafo corespondente á fonte orixinal.

    • Ismael Liñares Martínez di:

      Xa fixen as modificacións que suxires:
      – Engadín a fonte da imaxe.
      -Ampliei un pouco o parágrafo da fonte orixinal, ainda que este punto complicóuseme un pouco porque esa información xa a tiña no parágrafo dedicado a noticia e era un pouco repetitivo.

      Espero que agora esté moito mellor!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s