PERDA DA BIODIVERSIDADE

Varias especies propias de México foron desaparecendo do seu espazo natural e agora, para velas, hai que ir aos zoos, que son os únicos lugares que as conservan. Estase a perder a biodiversidade aviar  mexicana, e o motivo principal é o cambio climático.

A tórtola de Socorro xa non vive en estado salvaxe. Só uns pocos centeares sobreviven en cautividad.

A tórtola de Socorro xa non vive en estado salvaxe. Só uns pocos centeares sobreviven en cautividad.

Ademais as especies aviares que habitan México, teñen características específicas da zona onde viven, o que as fai aínda máis vulnerables aos cambios no medio. Tamén actúa en México unha iniciativa cidadá chamada aVerAves, que se encarga de investigar as aves en terras mexicanas. Estes dous feitos axudan a observar o avance do cambio climático a niver rexional.

Investigadores mexicanos e estadounidenses xuntáronse para facer unha observación sobre as especies aviares endémicas a mediados do século pasado. Cos datos aportados pola iniciativa de ciencia ciudadá observaron 331 000 casos, mentres que no ano 2000 avistáronse 900 000 casos de especies de aves, triplicouse a cifra. Con estos datos puideron facer o mapa do pasado, do presente e o posterior cos cambios avistados.

En palabras do biólogo da Universidade Nacional Autónoma de México, houbo máis perdas que ganancias, aínda que esto non significa que haxa especies en extinción, senón que as tendencias ás distribucións diminuiron máis do que aumentaron e, se isto segue así, si que falariamos de serios problemas para algunhas especies.

Os investigadores dividiron o mapa por zonas e comprobaron que en determinadas zonas do país producíronse algunhas ganancias, aínda que foron máis os lugares onde houbo perdas.

Os motivos principales desta perda de biodiversidade son 3: primeira pola acción do ser humano que acaba coas zonas verdes con infraestructuras, cambios no uso da terra, … E os outros dous motivos son o réxime de precipitacións e as temperaturas. Comprobaron que o que máis afectaba á distribución das aves é a temperatura, xa que mide os lugares onde pode habitar unha especie, non só as aves. Se as temperaturas seguen, as aves estarían en maior risco.

Ilustra a densidade de datos de presencia dispoñibles como mostreo subxacente aos rexistros de especies endémicas utilizados neste estudo. Para os datos recentes, así mostrearon-1 ° píxeles  mostranse como caixas de cor vermella. "G" y "L" indican píxeles que apareceron como valores atípicos significativos na análise de regresión final, polas pérdidas e ganancias, respectivamente.

Ilustra a densidade de datos de presencia dispoñibles como mostreo subxacente aos rexistros de especies endémicas utilizados neste estudo. Para os datos recentes, así mostrearon-1 ° píxeles mostranse como caixas de cor vermella. “G” y “L” indican píxeles que apareceron como valores atípicos significativos na análise de regresión final, polas pérdidas e ganancias, respectivamente.

ARTIGO ORIXINAL

Os dous conxuntos de datos que caracterizan as distribucións das aves mexicanas proporcionan cobertura na gran parte do país, incluíndo 331.800 históricos (1920-1950) e 892512 recente (posterior a 2000) os rexistros xerais da ocurrencia das aves mexicanas, o que permite o mapa detallado da distribución área en cada periodo de tempo. Interpolación das distribucións dos datos históricos a través de modelos de nicho ecolóxico en base a datos históricos do clima produciron mapas de distribucións detallados para cada especie. Os datos recentes da ocurrencia foron distribuídos menos uniformemente en todo o país, concentrándose nas rutas de acceso e arredor dos destinos turísticos.

OPINIÓN PERSOAL

Escollín este artigo porque me parece moi interesante coñecer como as especies máis comúns do noso arredor estanse a poñer en perigo por mor da contaminación e demáis factores. Ademáis penso que é importante concienciar a sociedade do seu papel na explotación perigosa de estas especies.

ARTIGO ORIXINAL

ARTIGO DIVULGATIVO

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to PERDA DA BIODIVERSIDADE

  1. BEN,
    > Penso que non estaría de máis poñer un vínculo á paxina de aVerAves cando a cites.
    > Hai algunhas cousas que describes de modo confuso, por exemplo “senón que as tendencias ás distribucións diminuiron máis do que aumentaron”. En realidade o que quere dicir é que “as tendencias observadas indican maior predominio da disminución que do aumento da área de distribución das especies observadas”
    > “Occurrence record” referido a aves está ben traducido en El País como “rexistro de avistamento”. De feito, toda esa cantidade tan grande de colaboradores rexistran no web de aVerAves os avistamentos realizados (presenza de determinada especie tal día en tal sitio).

    > Non sei porque pos o mapa en baixa calidade, xa que o podes obter con máis resolución do artigo orixinal. En todo caso, penso que é moito máis interesante poñer no seu lugar o mapa da Fig. 3, porque representa os resultados do estudo comparativo (en termos de ganancia ou perda de diversidade aviaria ao longo do país).

    > Respecto á tradución do parágrafo do artigo orixinal, procura que o estilo final se pareza máis á sintaxe do galego que a do inglés (proba a ler esto en voz alta: “Interpolación das distribucións dos datos históricos a través de modelos de nicho ecolóxico en base a datos históricos do clima produciron mapas de distribucións detallados para cada especie”. Soa algo raro, non?

    >Lembra que hai que clasificar o artigo nunha categoría temática.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s