Xenialidade e…¿Loucura?

     Dende fai tempo vense insinuando que a psicosis e a creatividade gardan certas similitudes.Van Gogh, Picasso, Munch, Duchamp… Existe unha longa lista de grandes artistas con grandes loucuras e excentricidades.

img_28356

Os mecanismos neuronais subxacentes na creatividade promoven a orixinalidade e son un motor da arte

     Investigacións anteriores levaron a afirmar que os trastornos mentais tenden a estar presentes nas persoas que se definen como creativas. Agora, un novo estudo levado a cabo por un equipo de investigadores liderados pola empresa de análises xenéticos ‘deCODE’, con sede en Islandia, e o Instituto de Psiquiatría, Psicoloxía e Neurociencia do Kings College de Londres, revela que os xenes asociados á creatividade poden aumentar o risco de desenrolar transtorno bipolar e esquizofrenia.

     Para isto, os científicos buscaron alteracións na orde das bases que forman o xenoma humano, analizando os resultados dun traballo cunha mostra de 86,292 islandeses. Ademáis, engadiuse a calificación dos cidadáns por grupos: aqueles con unhas profesións determinadas como actores, bailaríns, músicos, pintores ou escritores. 

O descubremento foi que estos tiñan trazos xenéticos que lles predispoñían máis a ter estos trastornos mentais que aqueles que estaban nos outros grupos, nun 17%, aínda que ningún sufría as dúas doenzas analizadas

    O equipo tamén analizou xens de máis de 8,000 suecos e 18,000 holandeses, que deu como resultado que os pertencentes ao grupo creativo tivesen un 25% máis de posibilidades de ter algún xen de risco.

Os resultados suxiren que as persoas creativas poden ter unha predisposición xenética a pensar de maneira diferente, que combinada con outros factores biolóxicos ou ambientais dañinos, poden desencadear unha enfermidade mental.

Gráfica do estudo

Gráfica do estudo

    O autor principal do estudo, Robert Power, destacou que para a maioría dos trastornos psiquiátricos coñécese moi pouco sobre as vías biolóxicas que conducen á enfermidade .’Unha idea que gañou credibilidade é que estos trastornos reflexan extremos do espectro normal do comportamento humano, no lugar dunha enfermidade psiquiática distinta. Ao coñecer que os comportamentos saudables, como a creatividade, comparten a súa bioloxía con enfermidades psiquiátricas, gañamos unha mellor comprensión dos procesos de pensamento que levan a que unha persoa enferme’.

OPINIÓN PERSOAL:

    Escollín este artigo polo sorprendente que me pareceu que a creatividade estea tan fortemente ligada ás alteracións psicolóxicas. O feito de que ambas compartan rasgos xenéticos permítenos entender mellor o proceso que leva ao cerebro a padecer estas patoloxías e tamén a un posible novo enfoque e tratamento.

    Aínda queda moito traballo científico que facer para coñecer cal é a mezcla exacta da loucura que hai na mente das persoas creativas, pero aínda así, o vínculo entre elas é induscutible. Como dixo Séneca: ‘Non hai un gran xenio sen un certo toque de loucura’.

FONTES:

Artigo 

Fonte orixinal

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Neurociencia / psicoloxía. Ligazón permanente.

7 Responses to Xenialidade e…¿Loucura?

  1. O tema que escolliches chamoume moito a atencion, nunca chegarame a plantexar a idea de que a creatividade e algunhas alteracions psicoloxicas estiveses ligadas, pero despois de ler o teu traballo doume de conta de que e probable que sexa asi. Escribes dunha forma moi clara e precisa o cal eu penso que e importante en temas complicados como a psicoloxia.
    ¡Bo traballo!

  2. Sara Ruiz di:

    Neste traballo está todo moi radactado de forma que sexa simple e claro de entender, o tema escollido é un dos interesantes debido a sua complexidade pero que ti redactas de forma moi ordenada. Ben feito!

  3. FátimaFernández di:

    Incrible! Non tiña nin idea de que había unha conexión xenética entre enfermedades como a bipolaridade ou a esquizofrenia e a creatividade! Anque tendo en conta que para ser creativo hai que pensar de forma distinta ao resto da xente, e que esto, según un estudo anterior realizado polo mesmo equipo que levou a cabo esta investigación, é algo que fan as persoas portadoras de variantes que predispoñen a esquizofrenia, estes resultados non deberían sorprendernos tanto.
    En xeral gústame como expuxeches o tema, de xeito moi breve pero ben explicado, pero non debes esquecer que hai que por a fonte da que obtiveches as imaxes e, o que é máis importante, debes facer unha comparación entre a noticia da que partiches e o artigo orixinal, tes a sorte de poder contar co artigo completo, en lugar de só co simple resumo, aprobeitao!

  4. Juanjo Carro Mareque di:

    Alucinantemente interesante este traballo, parece increíble que algunhas enfermidades psicolóxicas estean relacionadas coa creatividade. O traballo está moi ben redacto e todo explicado dunha maneira moi clara, fáltache comparalo co artigo orixinal e tamén o ligazón que permite ir a fonte de onde sacaches a imaxe, pero gran traballo.

  5. Cristina Viñal di:

    Un traballo moi acertado, moi interesante esta información que nos deches e coa que penso que todos os que a limos quedamos bastante sorprendidos, e descubrimos algo novo. O texto enténdese perfectamente e está todo moi ben explicado. Un traballo moi bo.

  6. Entregado moi tarde.

    Do orixinal pos a gráfica, e deberas traballar a información da lenda. Nesta gráfica (b) vemos que a metodoloxía incluía un GWAS, extraordinaria ferramenta que xurde do incremento na velocidade de secuenciado de ADN. O profesor Carracedo mencionaba esta técnica na súa charla (á que, lamentablemente, non deixaron asistir ao alumnado de humanidades). Precisamente as evidencias de que certas enfermidades psiquiátricas teñen compoñente xenético (e tamén autoinmune) xenerou moito interese, de xeito que moitas preguntas no coloquio estiveron encamiñadas cara este campo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s