AVANCE EN TÉCNICAS INMUNOLÓXICAS

Esta imaxe está sacada da Revista Science e mostra unha gota de sangue humano para facer a proba.

Esta imaxe está sacada da Revista Science e mostra unha gota de sangue humano para facer a proba.

Unha investigación levada a cabo pola Harvard Medical School de Boston (EEUU) desenvolveu unha nova técnica que permite descubrir todo os virus aos que unha persoa estivo exposta ao longo da súa vida con só unha análise dunha gota de sangue; a esta nova tecnoloxía chamóuselle VirScan.
Esta nova técnica fíxose posible grazas a que cada virus que penetra no corpo humano vai deixar unha marca inmunitaria que nunca desaparecerá, sempre vai estar ahí pase o tempo que pase , xa que o sistema inmunitario cambia debido a que desenvolve anticorpos. Todo este proceso é moi beneficioso xa que nos pode axudar a facer novas vacunas que poidan curar algunha enfermidade.
Deste xeito, tendo toda a información sobre o noso pasado virolóxico, facilitaranos saber unha nova resposta ante novos virus que se metan no noso corpo.
Neste estudio colaborou Christian Brander, un científico e investigador de ICREA de IrsiCaixa e que traballa en numerosos casos para conseguir unha vacuna contra o VIH ; destacou que efectivamente con este experimento se poden intentar conseguir novas vacunas, no seu caso contra o Sida.
Desta maneira comezou a súa investigación: primeiramente centráronse en fragmentos pequenos de proteínas derivadas de virus, que representaban a 206 virus e máis de 1000 variantes. Máis tarde analizaron o sangue de 569 persoas de diferentes partes do mundo : EEUU, Perú, Sudáfrica e Tailandia , dividíndoas en grupos dependendo da súa idade , o seu lugar no mundo e si eran portadoras de VIH ou non. Os resultados mostraron que polo menos nas persoas había 10 virus, e os máis frecuentes eran o Citomegalovirus ( que é unha enfermidade que se transmite sexualmente ou de nai a fillo , é a causa máis común de morte das persoas con VIH, trátase dun tipo de herpesvirus , e unha das principais causantes,entre putros, da mononucleosis infecciosa), o Epstein Barr ( que é tamén un virus da familia dos herpesvirus e unha das maiores causas da mononucleosis infecciosa) e o Rhinovirus ( virus responsable do resfriado común).
As probas deron a coñecer que as persoas que tiñan maiores porcentaxes de exposición ou infección por virus vivían fora dos EEUU, seguramente por distintos factores como as condicións de vida, o tipo de sanidade que recibían, etc.
Estes estudios sobre o VIH detectaron que ao comparar os resultados entre persoas VIH positivas e negativas , demostrou que as portadoras presentaban con máis frecuencia un resultado positivo para outros virus, o que significa que as persoas portadoras de VIH presentan máis posibilidades de estar infectadas por outro tipo de virus.

COMPARACIÓN CO ARTIGO ORIXINAL :
O artigo divulgativo presenta unha información un pouco menos densa e concreta ca publicación, neste caso, da revista Science.
Ben , o artigo orixinal explica que os métodos para comprobar a presenza de anticorpos no sangue están limitados ás probas dun patóxeno nun determinado momento e polo tanto empréganse para elaborar hipóteses específicas.
Profundiza na utilidade de VirSan: emprega chips de ADN e a pantalla bactereríofago para crear unha representación de epítopos de péptidos que comprendan o viroma humano; estes análises requiren menos dun litro de sangue. No estudo do VIH atopáronse instancias de péptidos individuais que foron recoñecidos por anticorpos na gran maioría dos donantes.
En resumen, VirScan é un método que permite explorar a vida vírica dunha persoa, revelando propiedades xerais do sistema inmunolóxico humano.
OPINIÓN PERSOAL:
Escollín este artigo porque a verdade é que me pareceu bastante interesante e innovador o feito de que haxan creado unha nova maneira de avanzar no mundo da saúde e cura de enfermidades mortais como é o caso do VIH (entre outras máis), xa que a pesar de ser un experimento, supón un avance.
Sabemos que cando un microorganismo se introduce no noso corpo, inmediatamente o sistema inmunitario activa unha resposta para eliminalo, de tal modo que logo é capaz de recordar como o fixo, así, cando o seguinte axente infeccioso apareza, pódese actuar con moita máis rapidez, e se aínda por riba agora se creou esta tecnoloxía, se pode estar cada vez máis preto de atopar unha vacuna para moitas enfermidades causadas por una bacteria ou virus, o que é un paso moi importante para a humanidade.

ARTÍCULO: Lavozdegalicia

FONTE ORIXINAL: Science

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Inmunoloxia, Saúde. Ligazón permanente.

3 Responses to AVANCE EN TÉCNICAS INMUNOLÓXICAS

  1. Pareceme un tema importante que se busquen novas maneiras de curara enfermidades e sobre todo saber con que virus estivo en contacto as persoas durante a sua vida. Este artigo demostra que a ciencia evoluciona a pasos axigantados por que fai uns anos era inpensable que se souperan os virus que estiveran presentes no noso organismo.

  2. É moi interesante sobre todo polo feito de que poidamos saber gracias a eso todos os virus que tivemos eu polo menos o probaría ,Tamén é interesante o de que as persoas infectadas de VIH teñas máis probabilidades de ser atacadas por outro virus(como si non tiveran bastante)
    Bó trballo un artigo interesante e ben redactado

  3. Entregas moi tarde e non da tempo a facer amplos comentarios que permitan facer correccións a tempo. Pero non está nada mal, pese a que non lle debeches adicar moito esforzo!!. Ben sei que tes capacidades de sobra.

    O resumo do artigo orixinal, que neste caso é bastante detallado, esixe unha lectura atenta para non cometer erros de bulto no comentario. Isto sucede por unha dobre razón: son moi técnicos e están en inglés. Eu non podo evitar destacar algo que chama moito a atención cando se le o teu post:
    “estes análises requiren menos dun litro de sangue”

    Evidente nestes tempos!. Mon dieu, 1 litro!!. En realidade no resumo din “menos de 1 microlitro“, a millonésima parte de 1 litro, a milésima de 1 mililitro.

    Outra cousa básica: “screen” neste contexto é un verbo (non o sustantivo co significado de ‘pantalla’) que se usa para referirse a un exame sistemático de algo.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s